La Sortie de l'usine Lumière à Lyon
| A saída da fábrica de Lumière en Lyon | |
|---|---|
| Título orixinal | La Sortie de l'usine Lumière à Lyon |
| Ficha técnica | |
| Director | Louis Lumière |
| Produtor | Louis Lumière |
| Guión | |
| Baseado en | |
| Intérpretes | |
| Música | |
| Fotografía | Louis Lumière |
| Montaxe | |
| Estudio | |
| Distribuidor | Lumière |
| Ano | 1895 |
| Duración | 46 segundos |
| País | |
| Xénero | |
| Orzamento | |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
La Sortie de l'usine Lumière à Lyon é un filme francés mudo en branco e negro dirixido e producido por Louis Lumière que foi estreado o 22 de marzo de 1895. A miúdo é referido como o primeiro filme da historia,[1] a pesar de que Roundhay Garden Scene de Louis Le Prince é sete anos anterior, é dicir de 1888.
Índice |
Argumento [editar]
O filme consiste nunha única escena na que os traballadores abandonan a fábrica dos Lumière. Os traballadores son na súa maioría mulleres que saen do edificio grande 25 rue St. Victor, Montplaisir nas arrabaldes de Lyon, Francia, como se acabasen de rematar un día de traballo.
Existen tres versións distintas do filme, e hai numerosas diferencias entre elas, como por exemplo o estilo de roupas que levan cambia, o cal é unha proba das diferentes estacións nas que foron rodadas. As versións son comunmente referidas como "un cabalo", "dous cabalos" e "sen cabalos", o cal fai referencia ó carro de cabalos que aparece nas dúas primeiras versións (tirado por un cabalo na orixinal e dous na segunda versión).[2]
Notas [editar]
- ↑ "Lumière" (HTML). Microsoft Encarta Online Encyclopedia 2007. Arquivado do orixinal o 25 January 2008. http://web.archive.org/web/20080125065813/http://encarta.msn.com/encyclopedia_761573634/Lumière.html. Consultado o 2007-03-18.
- ↑ "Alternative titles" (HTML). Internet Movie Database. http://www.imdb.com/title/tt0000010/alternateversions. Consultado o 2007-03-18.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]