La Seu d'Urgell
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La Seu d'Urgell é un concello, capital da comarca do Alt Urgell e a cabeza do partido xudicial de La Seu d'Urgell, sita na provincia de Lleida, en Cataluña. O concello ten unha extensión de 15,44 km².
En 2005 a localidade contaba con 12.317 habitantes.
É a sede do bispado de Urgell (o catalán seu é o equivalente do galego sé "catedral").
O xentilicio que designa os habitantes é urgellenc, -ca.
Xeografía [editar]
A localidade está situada a 690 m sobre o nivel do mar, nas estribacións dos Pirineos, a tan só 10 km de Andorra, e no punto onde conflúen o río Segre e o máis pequeno Valira.