Teatro alla Scala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "La Scala")
Teatro alla Scala
Fachada neoclásica do teatro.
Fachada neoclásica do teatro.
Cidade Milán
País Italia Italia
Coordenadas 45°27′51″N 9°11′25″E / 45.464161°N 9.190336°E / 45.464161; 9.190336Coordenadas: 45°27′51″N 9°11′25″E / 45.464161°N 9.190336°E / 45.464161; 9.190336
Arquitecto/s Giuseppe Piermarini
Propiedade de Concello de Milán
Capacidade 2.013
Inauguración 3 de agosto de 1778
Reapertura 7 de decembro de 2004
Anos en activo 1778-2002
2004-
Páxina web http://www.teatroallascala.org/

O Teatro alla Scala ou símplemente La Scala é un dos teatros de ópera máis importantes do mundo, sendo coñecido como "o templo da lírica". Está situado na cidade de Milán (Italia).

A tempada comeza o día 7 de decembro, día de San Ambrosio, patrón da cidade. Tódalas fucións deben finalizar antes da media noite, polo que as óperas máis longas deben comezar antes.

Historia[editar | editar a fonte]

O Teatro alla Scala de Milán fundouse auspiciado pola Emperatriz María Tareixa I de Austria para remprazar ao Teatro Regio Ducale, destruído por un lume o 26 de febreiro de 1776 logo dunha gala do entroido e que ata aquel momento fora a casa da ópera de Milán. Tralo lume, un grupo de noventa propietarios dos palcos do teatro escribiron ao Arqueduque Fernando de Austria pedíndolle a construción dun novo teatro e doutro provisional durante as obras. Os gastos da construción do novo edificio foron sufragados polos propietarios dos palcos do Teatro Regio Ducale a cambio da renovación da propiedade dos palcos e a posesión da terra na que se levantaba a igrexa de Santa Maria alla Scala (de onde lle vén o nome), que foi desconsagrada e demolida para a edificación do novo teatro.

O edificio foi deseñado polo arquitecto neoclásico Giuseppe Piermarini, quen presentou un primeiro deseño que foi rexeitado polo Conde Firman (gobernador da Lombardía austriaca). Un segundo plan foi aprovado pola Emperatriz María Tareixa I en 1776, sendo inaugurado baixo o nome de Nuovo Regio Ducal Teatro alla Scala o día 3 de agosto de 1778 coa ópera L'Europa riconosciuta con música de Antonio Salieri e libreto de Mattia Verazi, logo de dous anos nos que Pietro Marliani, Pietro Nosetti e Antonio e Giuseppe Fe completaron a construción do novo edificio. O teatro tiña un total de aproximádamente 3.000 asentos e cun dos maiores escenarios de toda Italia (16.15m d x 20.4m w x 26m h). La Scala pronto se converteu no punto de reunión dos milaneses nobles e ricos.

Como a meirande parte dos teatros da época, La Scala foi tamén casino, cos xogadores sentados no vestíbulo.[1] As condicións no auditorio podían ser frustrantes para os amantes da ópera, como nos descubre Mary Shelley en Setembro de 1840:

Na Ópera estaban representando o Templario. Desafortunadamente, como é ben coñecido, o Teatro alla Scala serve, non só como salón universal para toda a sociedade de Milán, senón para todo tipo de transaccións comerciais, dende trata de cabalos a stock-jobbing, ten lugar no foso; de xeito que breves e distantes entre si os fragmentos de melodía se poden pescar.[2]

Coa representación de La pietra del paragone de Gioachino Rossini en 1812, a primeira das cinco óperas de Rossini estreadas no teatro, La Scala converteuse no referente da ópera italiana. Durante este período, cos coreógrafos Salvatore Viganò (1769-1821) e Carlo Blasis (1795-1878), o teatro ampliou a súa supremacía artística ao incluír ballet.

Entre 1822 e 1825 produciuse unha nova etapa do melodrama coa estrea de Chiara e Serafina (1922) de Gaetano Donizetti (que estrearía sete óperas máis en La Scala) e Il pirata (1827) de Vincenzo Bellini.

En 1839 comezou a era de Giuseppe Verdi (o compositor máis ligado a La Scala) coa estrea no teatro milanés de Oberto, Conte di San Bonifacio, que obtivo un grande éxito, polo que lle foron encargadas outras dúas óperas máis. Sen embargo, a estrea de Un giorno di regno (1840) supuxo un rotundo fracaso, que se vería compensado polo gran éxito de Nabucco dous anos máis tarde e que suporía o primeiro gran éxito de Verdi, e á vez, os fortes sentimentos patrióticos desta ópera fortaleceron a popularidade da ópera seria e identificou a súa imaxe con La Scala. Catro óperas máis de Verdi foron estreadas no teatro, a última delas Falstaff (1893), que foi ademais a última ópera de Verdi. A pesar desta especial relación do teatro milanés con Verdi, o compositor permaneceu moitos anos sen representar en La Scala ningunha das súas obras, xa que acusou á orquestra de modificar a súa música, este conflito orixinouse na produción da súa Giovanna d'Arco en 1845, aínda que o compositor acabaría levando a cabo alí o seu Requiem en 1874, e en 1886 anunciou que La Scala acollería a estrea da súa penúltima ópera, Otello,[3] así como a súa derradeira ópera, Falstaff.

En 1907 renovouse a estrutura orixinal, sendo daquela cando se adoptou a configuración actual do teatro, con 2.800 asentos. En 1943, durante a Segunda Guerra Mundial, os bombardeos danaron seriamente o teatro, que foi reconstruido e reestreado o 11 de maio de 1946 cun concerto dirixido por Arturo Toscanini, quen xa fóra director musical do teatro en dous períodos (1898-1908 e 1921-1929) e que realizara unha auténtica revolución no mesmo, tanto no eido administrativo coma nas relacións co público e que introduciu representacións wagnerianas e concertos sinfónicos.

Restauración[editar | editar a fonte]

O teatro permaneceu pechado entre o 19 de xaneiro de 2002 e novembro de 2004 para a súa restauración. Nesta ocasión o proxecto foi deseñado polo arquitecto Mario Botta. Durante este período a compañía trasladouse ao Teatro degli Arcimboldi.

A restauración foi controvertida porque os que velaban pola preservación do teatro temían que se perderan os detalles históricos. A decisión máis discutida foi a da demolición de toda a área posterior ao escenario para crear unha zona de servizo moderna e funcional, digna dun dos máis importantes teatros do mundo, como se argumentou.

Sen embargo, a filosofía que guiou a restruturación do salón do teatro foi a de devolver a La Scala o esplendor orixinal e eliminar tódalas modificación posteriores. Elimináronse alfombras e pinturas que ocultaban o mármore orixinal e, na medida do posible, recuperáronse as decoracións do século XVIII dalgúns palchi de importancia histórica como la barcaccia del virrei dunha meravillosa cor azul celeste.

Considérase que a compañía quedou satisfeita e impresionada coa calidade do son e as melloras na estrutura. No espazo que se agregou á parte posterior do escenario poderanse gardar máis escenografías. As localidades están equipadas con monitores nos que se presenta o libreto en inglés, francés e italiano.

Para a reapertura do teatro escolleuse a mesma ópera que se interpretou na súa inauguración L'Europa riconosciuta de Antonio Salieri.

Controversias coa xestión[editar | editar a fonte]

Carlo Fontana, o director xeral de La Scala dende 1990, foi despedido en febreiro de 2005 pola xunta directiva por diferencias co director musical, Riccardo Muti. A reacción do personal causou serios trastornos e folgas de personal. Nun comunicado, a directiva do teatro dixo que era "urxente para unificar a xestión do teatro." O 16 de marzo de 2005, a orquestra do teatro e otros membros do personal votaron abrumadoramente a moción de censura a Muti, e demandaron a dimisión do sustituto de Fontana, Mauro Meli. Muti xa fora forzado a cancelar un concerto poucos días antes debido aos desacordos. O ministro de cultura italiano, Giuliano Urbani, apoior ao director pero chamou a unha acción urxente por parte da administración para salvagardar o bo funcionamento e o prestixio de La Scala. O 2 de abril de 2005, Muti renunciou a La Scala, alegando a "hostilidade" dos membros do persoal.

En maio de 2005, Stéphane Lissner, anteriormente no Festival de Aix-en-Provence, foi nomeado xerente e director artístico de La Scala. O 15 de maio, Daniel Barenboim foi nomeado Maestro Scaligero, ou de facto principal director invitado do teatro. En outubro de 2011, Barenboim foi nomeado director musical de La Scala dende decembro dese mesmo ano, cun contrato inicial de 5 anos.[4]

Responsables do teatro[editar | editar a fonte]

Daniel Barenboim, actual Maestro scaligero

Directores artísticos[editar | editar a fonte]

Directores musicais[editar | editar a fonte]

Directores do coro trala guerra[editar | editar a fonte]

Superintendentes[editar | editar a fonte]

Selección de estreas absolutas en La Scala[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Óperas estreadas no Teatro alla Scala
 

Curiosidades[editar | editar a fonte]

A tempada de La Scala comeza tradicionalmente o 7 de decembro, día de Santo Ambrosio, patrón de Milán. Tódalas representación deben finalizar antes da media noite, polo que as óperas máis longas deben comezar máis cedo se é preciso.

O Museo Teatrale alla Scala (Museo do Teatro alla Scala), accesible dende o vestíbulo do teatro e parte dunha casa, contén unha colección de pinturas, bocetos, estatuas, vestidos e outros documentos sobre La Scala e a historia da ópera en xeral. La Scala tamén e a sede da Accademia d'Arti e Mestieri dello Spettacolo (Academia das Artes Escénicas). O seu obxectivo é crear unha nova xeración de músicos, staff técnico, e bailaríns (na Scuola di Ballo del Teatro alla Scala, unha das divisións da Accademia).

O Stadio Giuseppe Meazza, onde se desputan os partidos do Milan e do Inter, recibe o sobrenome de "La Scala del Calcio" porque se consideró, a nivel futbolístico, unha especie de teatro deportivo famoso a nivel mundial.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]