La Rioja, Arxentina
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La Rioja é unha cidade, capital da provincia de La Rioja, na Arxentina.
Poboación [editar]
En 2001 contaba con 143.684 habitantes, un 27,80% máis que no ano 1991.
Clima [editar]
A Rioxa presenta características propias dun clima continental. Os invernos son suaves e secos, con temperaturas medias por encima dos 10 °C e escasas choivas, así como unha alta oscilación diaria. Os veráns son chuviosos e cálidos con temperaturas medias de 28 °C e máximas absolutas ao redor dos 40 °C, unha das máis altas de Arxentina.