La Revista Popular

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Revista Popular
PaísEspaña
Lugar de publicaciónPontevedra
Lingualingua castelá
Na rede
Galiciana: 6765
editar datos en Wikidata ]

La Revista Popular foi unha publicación editada en Pontevedra entre 1892 e 1900, cunha terceira época en Vigo en 1904.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Subtitulada Ciencias, Artes y Literatura, apareceu o 1 de decembro de 1892. Publicábase os días 1 e 15 de cada mes. Estaba dirixida por Ramiro Vieira Durán e o seu administrador era Rogelio Quintáns. Foron os seus redactores José Bermúdez Montero e José López Otero. Entre os seus colaboradores figuraron Luciano Varela, Antolín López Pelaez, Manuel Amor Meilán, Emilio Villelga Rodríguez, Enrique Zaratiegui, Vicente Señoráns, Sofía Casanova, Emilia Calé, Marcelo Macías, Narciso Díaz de Escovar, Emilio Álvarez, José Rodao, Nicolás Taboada Fernández, Luís de la Riega, Jaime Solá, Emilia Pardo Bazán e Marcial Valladares. Deixou de publicarse en 1896.

Tivo unha segunda época e volveu aparecer en novembro de 1899. Publicábase o 10, 20 e 30 de cada mes[1].

Trasladada a Vigo, tivo unha terceira época en 1904, cambiou o subtítulo polo de Literaria, Científica, de Bellas Artes e Intereses Regionales, pero mantivo o mesmo director.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Revista Gallega, 244, 12-11-1899, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]