La Quinta Estación
| La Quinta Estación | |
|---|---|
Natalia Jimenez |
|
| Información | |
| Orixe | Madrid, |
| Período | 2001-Presente |
| Xénero(s) | Pop Rock Pop |
| Selo(s) discográfico(s) | SonyBMG |
| Membros | Natalia Jiménez Anxo Reyero Pablo Domínguez |
| Antigos membros | |
| Web oficial | Sitio web Oficial de La Quinta Estación |
La Quinta Estación é un grupo de pop rock, de membros españois, actualmente composto por tres músicos madrileños: Natalia Jiménez, Ángel Reyero e Pablo Domínguez. Comezou a soar en 2001 e a día de hoxe está triunfando co seu terceiro álbum El mundo se equivoca.
Índice |
Historia[editar]
La Quinta Estación orixinouse en Madrid con seis membros, dos cales catro (Ángel, Natalia, Pablo e Sven) emigraron a México cando Sony BMG México ofreceulles a oportunidade de gravar o seu primeiro álbum Primera toma (2001), que rapidamente lles deu popularidade en México, Estados Unidos e toda Latinoamérica.
O single "Donde irán" foi elixido como tema central na telenovela xuvenil 'Clase 406', e introduciunos no país ó que emigraran. Outros temas serían Perdición e No quiero perderte, cos cales se colocaron no top ten da radio mexicana por varios meses.
Posteriormente realizan unha versión do tema Si yo fuese mujer, que encabezaría a banda sonora da película Dame tu cuerpo.
Nese momento o guitarrista e compositor Sven viuse obrigado a marchar do grupo debido a problemas legais internos no grupo. Sven non quixo entrar en maiores disputas que puidesen afectar á banda e decidiu abandonala deixando que o grupo quedase cos dereitos das cancións que el compuxera para a banda (entre elas a canción Algo más, dedicada á súa namorada, e que se publicaría máis adiante co segundo disco.)
O seu segundo disco incluíu 11 temas inéditos de autoría da banda, chamado Flores de alquiler 2004, vendeu máis de 500.000 copias entre México e Estados Unidos principalmente. Tamén se lanzou con éxito en España e conseguiron un disco de ouro. Os singles foron: El sol no regresa, Algo más, Daría e Niña. Con este álbum conseguiron varios premios e nominacións, coma as dos Premios MTV Latinoamérica como mellor novo artista en México e os premios Oye! como mellor grupo español.
En 2005 sae un CD/DVD Acústico que vende máis de 250.000 copias, e polo mesmo foron nominados ó Grammy Latino.
En 2006 a banda publica o seu último disco El mundo se equivoca, do que se desprenden o seu primeiro single Tu peor error e o segundo Me muero. A día de hoxe o álbum vendeu máis de 100.000 copias en México converténdose en Disco de Platino.
Con este novo traballo por fin logran o verdadeiro éxito en España: O seu single "Me muero" catapultou o álbum ata o #1 da lista de vendas deste país (Promusicae), superando xa as 80.000 copias vendidas (Disco de Platino).
En 2009 regresan cun novo traballo discográfico titulado "Sin frenos" co que chegan ao nº2 da lista de ventas de España (conseguindo o disco de ouro tras superar as 40.000 copias vendidas), ao nº3 en México, ao nº7 en Arxentina e o nº1 en Porto Rico e, por primeira vez, lideran tamén a lista Billboard dos discos latinos máis vendidos en Estados Unidos.
Membros[editar]
- Natalia Jiménez - voz, harmónica, compositora
- Anxo Reyero - guitarra
- Pablo Domínguez - guitarra, baixo
Curiosidades[editar]
O descoñecido Sven[editar]
Sven foi o cuarto guitarrista que acompañou ó grupo durante os primeiros anos do grupo en México e Latinoamérica.
Este guitarrista formou parte do grupo desde practicamente o principio (de feito, foi no propio garaxe da súa casa onde farían os seus primeiros ensaios). Ó parecer foi un dos membros máis emprendedores e insistentes daquela.
Non só contribuíu ó grupo como guitarrista, senón tamén como compositor de temas incluídos no disco "Primera Toma".
Sven aparece na portada do disco Primera Toma e no videoclip da canción Donde Irán entre outros.
Sven marchou do grupo por discusións internas, e para evitar máis problemas, cedeulles os dereitos das súas propias composicións.
Discografía[editar]
Álbums[editar]
- Primera toma - 2001
Tracks CD:
- ¿Dónde Irán?
- No Quiero Perderte
- Ayer
- Solo Es Un Minuto
- Cinco Estaciones
- Perdición
- Perdiendo El Control
- Nada Será Igual
- Cuando Acaba La Noche
- Cerca De Ti
- Coma
- Todo Se Vuelve Extraño
- Contigo Sí (versión acústica)
Producido por: Alejo Stivel Gravado por: Luca Petricca
Singles "Dónde Irán" (2001), "No Quiero Perderte" (2002), "Perdición" (2002)
Videoclips "Dónde Irán" (2001), "No Quiero Perderte" (2002), "Perdición" (2002)
Promoción Desde diciembre de 2001 hasta septiembre de 2002.
Vendas + de 6.000 copias en México.
Publicación 03 de diciembre de 2001 (México/Estados Unidos).
- Flores de alquiler - 2004
Tracks CD:
- Busco Tu Piel
- Daría
- Niña
- El Sol No Regresa
- Flores de Alquiler
- No Hay Perdón
- A Cada Paso
- Mi Ciudad
- Esperaré Despierta
- Rompe El Mar
- Algo Más
Producido por: Armando Ávila Mastrizado por: Vlado Meller
Singles "El Sol No Regresa" (2004) "Algo Más" (2004) "Daría" (2005) "Niña" (2005)
Videoclips "El Sol No egresa" (2004) "Algo Más" (2004) "Daría" (2005) "Niña" (2005)
Premios[editar]
3 Premios Principais ano 2007: "Artista Revelación", "Mellor Álbum Nacional" para El mundo se equivoca, e "Mellor Canción Nacional" para Me muero.