La Peste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Peste é unha novela do escritor Albert Camus publicada no ano 1947. Esta obra permitiulle ó seu autor gañar o Premio Nobel de Literatura en 1957. É unha novela apaixoante, de gran densidade de pensamento e de profunda comprensión do ser humano, que se convertéu nunha das obras máis importantes da literatura francesa do século XX. É considerado ademais un clásico do existencialismo.

La Peste narra as consecuencias do illamento de toda unha cidade a causa da epidemia que a asolaga, o cal pon de manifesto o mellor e o peor dos seus concidadáns.

Argumento[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

A historia discorre na cidade de Orán, unha prefectura francesa na costa de Alxeria durante un ano da década de 1940. A obra desenvólvese en torno a un tema principal: a peste. Esta vai facer que desde a súa aparición ata a súa desaparición forme parte da vida dos oraneses condicionándoa completamente, é dicir, a peste vai a ser a súa vida, inundarao todo e fará que a xente deixe de soñar e viva angustiada pola ameaza que supón a epidemia (como cita o libro textualmente: “Todos cegaron a vivir a lei da peste, máis eficaz canto máis mediocre” e “A peste quitáralle a todos a posibilidade de amor e incluso de amizade, xa que o amor esixe un pouco de porvir e para nós xa non había máis ca instantes”.

A obra describe con detalle a atmosfera da cidade, persoas que arriscan a súa vida na loita contra a epidemia e o comportamento dos cidadáns ante esta difícil situación. O feito máis importante é a gran cantidade de persoas que morren debido á peste e o impacto social que isto causa.

Partes[editar | editar a fonte]

A novela consta de cinco partes, as cales narran os feitos e a evolución da peste. Esta é contada por un narrador obxecto, que ao final descúbrese que era un dos personaxes principais da novela: O doutor Rieux. Segundo este, a obra non é máis cá testemuña do que foi necesario facer e deberían seguir facendo contra o terror, a súa arma infatigable, todas as persoas e especialmente os médicos.

1ªParte: Comezan a aparecer unha gran cantidade de ratas na cidade, que nun principio pasan desapercibidas para a poboación pero que despois desatan a histeria ao ir morrer á superficie. Tras un tempo, esta situación cesa completamente pero xorden casos de persoas que morren a causa dunha enfermidade que ao principio se descoñece cal é, pero máis tarde co alto número de infectados e a constatación dos seus síntomas afírmase que é a peste e cerran a cidade. Nesta parte preséntanse os principais personaxes: O doutor Rieux, o periodista Raymond Rambert, Grand, o señor Cottard, o pai Paneloux e Jean Tarrou.

2ªParte: O peche da cidade produce un sentimento de exilio, individualidade, medo, sufrimento, inquietude, sorpresa... A peste pasa a ser o tema principal da vida dos cidadáns xa que están aillados do mundo exterior e o único medio que teñen para comunicarse é o telégrafo. Ademais teñen lugar separacións familiares para as cales a xente non estaba preparada. Rambert, un dos personaxes principais, idea un plan para escapar da cidade e reunirse coa súa amada en París, aínda que mentres non atopa o medio para marchar decide axudar nos equipos sanitarios. Outro coma o pai Paneloux, da un sermón no que afirma que a peste é un acto de Deus como castigo pola actitude pecaminosa dos crentes. Ademais están o señor Cottard (que é o único que está contento coa peste, xa que así a xustiza non se pode ocupar del por un feito delitivo no que estaba impricado) e Rieux, Tarrou e Grand os cales loitan cada un á súa maneira contra a epidemia, a cal está a causar un número moi elevado de mortes.

3ªParte: Saqueos e violencia por algunhas persoas, mala situación debido a que as mortes seguen aumentando, establécese un toque de queda e os funerais realízanse con moita velocidade. A poboación encóntrase abatida tanto física coma emocionalmente (sentimento de exilio e separación) e abandónase á praga. Non hai lugar para o amor e entre todo este caos a xente agarda a paz.

4ªParte: A cidade atópase dobregada á peste (sociedade indiferente e membros dos equipos sanitarios cansados). Rambert non se marcha e decide quedarse para axudar. Paneloux dá un novo sermón instando aos fieis a loitar contra a praga poñendo varios exemplos. Ademais aborda o tema de que os nenos sufran esa situación e di que chegou o momento de negar ou afirmar todo. Finalmente, a peste comeza a retroceder e descenden as mortes. Un exemplo disto é o de Grand que tivo a peste e recuperouse, ao contrario de Paneloux que morre.

5ªParte: A peste que comezara en abril chega ó seu fin en febreiro. A peste vaise debilitando e a xente comeza a ser feliz e a ter esperanzas. Ábrense as portas da cidade e reúnense os separados (os cales triunfan ante a peste e empeza a ser felices, mentres que para as persoas que perderan a un ser querido continuaría por sempre a peste). Ademais descúbrese que Rieux é o narrador de tipo obxecto, xa que o seu propósito era o de contar a historia coa máxima discreción posible. Rambert reúnese coa súa amada, Cottard é apresado, Tarrou morre da peste, Grand segue escribindo a súa historia e a Rieux mórrelle a muller dunha vella enfermidade nun sanatorio lonxe de Orán. Finalmente a alegría volve outra vez á cidade, aínda que esta alegría está sempre ameazada, xa que dun momento a o outro pode volver a peste ou calquera outra desgraza.

Resumo[editar | editar a fonte]

A historia comeza na cidade de Orán sobre os anos 40. Unha praga de ratas que morren na rúa azota a cidade, días despois aparecen os primeiros mortos por unha enfermidade descoñecida. Así como vai avanzando a historia o desacougo e maior debido ao crecente número de mortos. A situación empeora cando se dan conta de que esa “enfermidade” non é outra que A Peste.

Rieux, o protagonista, é un médico honesto que cando chega a peste á cidade intenta axudar por todos os medios a evitar que a praga continúe. Rieux está casado cunha muller á cal ao comezo da novela despide para que esta marche a curarse da súa enfermidade fora da cidade.Riux coñece a Rambert, un periodista que ven de París, e busca a axuda de Rieux para realizar unha reportaxe periodística.

O número de vítimas segue en aumento co transcurso dos días. Os hospitais están completamente cheos e como último recurso decídese usar unha escola para albergar a máis enfermos. Rieux declara un estado de alerta máxima e manda ao estado tomar as decisións pertinentes. Estes ante a gravidade da situación, deciden pechar a cidade e cortar toda comunicación ou vía que poida permitir a transmisión das bacterias. Tamén Rieux, ante a desesperación, establece que os cidadáns deben levar unha hixiene máxima e as casas dos enfermos deben de ser pechadas e desinfectadas.

Na historia tamén aparece Panelux, un cura que afirma que a peste é unha especie de castigo divino para eliminar a todos aqueles que non son dignos do Reino de Deus. Grand, un empregado do concello, tamén axuda a Riux e incluso escribe un libro sobre todo o que está acontecendo.

Ás axudas súmase Tarrou, un home de mundo que so aspira a vivir en paz e tranquilo, xunto con Cottard que é un home que celebra a peste. Instáuranse prohibicións na cidade tales coma o toque de queda. Xa a principios de setembro decídese levar os cadáveres a un crematorio para seren incinerados.

Un amigo de Rieux chamado Castel, médico de profesión como Rieux, atopa unha especie de soro que pode ser a salvación. Este probaoo nunha rapaza xa infectada, pero o soro non funciona e a rapaza morre.

Rambert que ao principio da novela tiña moito interese en marchar, agora que ten oportunidade recházaa e quédase a axudar xunto con Paneloux. Chegado o día dos Santos o número de mortalidade redúcese lixeiramente e comeza a descender.

Xa por decembro, Grand cae enfermo aínda que ca chegada do frío a peste comeza a retroceder e Grand sálvase. A última vítima da peste foi Tarrou que morre como testemuña da epidemia. Rieux decátase de que a súa muller faleceu e os cidadáns berran alegremente pola desaparición da peste.

Adaptación ó cine[editar | editar a fonte]