La Paz, Baja California Sur
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coordenadas: 24°08′32″N 110°18′39″W / 24.14222°N 110.31083°W
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: La Paz.
La Paz é unha cidade mexicana, capital do estado de Baixa California Sur e tamén concello, que se localiza no sur da Península de California, no noroeste de México. Atópase a uns 215 quilómetros ao sur de Ciudad Constitución, e a uns 202 ao norte de Cabo San Lucas. No 2005, tiña 189.176 habitantes segundo o Instituto Nacional de Estadística y Geografía.
Á beira do Golfo de California, é unha cidade de carácter turístico. Conta co Aeroprto Internacional Manuel Márquez de León.