La Opinión (Arxentina)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Opinión foi un xornal arxentino fundado polo xornalista Jacobo Timerman en 1971.

Historia[editar | editar a fonte]

Mantívose en funcionamento durante 6 anos, xa que en 1977 foi clausurado e expropiado durante o autodenominado Proceso de Reorganización Nacional. Nese mesmo ano Timerman, que era o director do diario, foi secuestrado por un grupo paramilitar dependente de Ramón Camps e estivo preso durante dous anos e medio.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.