La Jambre
| La Jambre | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Jerez de la Frontera, Andalucía |
| Período | 2003 - actualidade |
| Xénero(s) | Folk |
| Selo(s) discográfico(s) | |
| Membros | José Cabral Antonio de Magdalena Hendo Ismael Colón Jesús Cabral Pepe Torres David Guillén Marcos Plada |
| Antigos membros | |
| Web oficial | www.lajambre.com |
La Jambre é unha formación de música folk, creada no 2003 en Jerez de la Frontera. As súas composicións tratan de recuperar e actualizar a música tradicional andaluza que coexistiu co flamenco ata ser desprazada pola vitalidade deste e de outras músicas máis modernas. A súa gran riqueza melódica e a variada temática das súas letras, denota a súa orixe ancestral e a súa procedencia de culturas variadas.
No 2007 participaron no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.
Índice |
Membros [editar]
| * | José Cabral | Guitarra, ud, baglamá, cumbus, gandana, voz |
| * | Antonio de Magdalena | Voz, dulzaina, gaita, gaita gastoreña, xaphoon, punteiros e zurna |
| * | Hendo | Frautas traveseiras, frauta de tres buratos e tamboril, acordeón e coros |
| * | Ismael Colón | Batería, percusións |
| * | Jesús Cabral | Baixo eléctrico, contrabaixo e percusións |
| * | Pepe Torres | Clarinete, saxofón e duduk |
| * | David Guillén | Trompeta, fliscorno. |
| * | Marcos Plada | Técnico de son |
Historia [editar]
A formación foi creada a principios do 2003. Nese mesmo ano gañaron o I Certamen Internacional de Música Étnica (FIMEC) de Chiclana, así como un dos certames máis prestixiosos a nivel peninsular de música folk: o Concurso Folk “Cuartu de los Valles” de Navelgas (Asturias), celebrado en xullo do mesmo ano.
Participaron en importantes festivais de España e do estranxeiro, e colaboraron na banda sonora para o documental de Canal+ La Montañas del Lobo.
A principios do 2005 saiu á luz o seu primeiro álbum, Saltalindes, sendo preseleccionado na categoría a “mellor álbum de música tradicional” para a X Edición dos Premios da Música da Academia das Artes e as Ciencias da Música. Ese mesmo ano foron invitados a participar en “The World Performing & Visual Arts Festival Pakistan” de Lahore (Pakistán) para representar a España en tal evento cultural e musical.
Na gravación de Saltalindes contaron coa colaboración de músicos tan recoñecidos como Vincent Molino (Radio Tarifa), Sebastián Rubio (La Musgaña e Radio Tarifa) e Manuel Mateo (Lombarda).
No 2007 foron proclamados gañadores do Proxecto Runas '07, dentro do Festival de Ortigueira.
Recentemente sacaron á luz o seu novo traballo, La Lunas de Astarté.
Discografía [editar]
Álbums [editar]
| * | Saltalindes | (2005) |
| * | La Lunas de Astarté | (2007) |
Ligazóns externas [editar]
- Páxina oficial do grupo (en español)