La Bisbal d'Empordà

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Daró na Bisbal

La Bisbal d'Empordà, popularmente reducido a La Bisbal, é un concello catalán da provincia de Xirona, España, e capital da comarca do Baix Empordà. Ten unha poboación de 10.173 habitantes (2008).

Aséntase sobre o chairo do Empordà, adxacente ao macizo de les Gavarres e regado polo río Daró. A súa orixe áchase na vila romana de "Fontanetum". O seu nome actual débese á cesión da localidade ao bispo de Xirona durante o dominio carolinxio.

Tradicionalmente a agricultura e gandería foron as principais fontes de riqueza da poboación. A comezos do século XX destacou a industria da cortiza. Na actualidade, a cerámica industrial e artística representan o seu principal rexistro económico e turístico. Tamén é recoñecido polos seus populares doces de pastelería.

Monumentos e lugares de interese[editar | editar a fonte]

  • Castelo-pazo da Bisbal
  • Igrexa de Santa Maria
  • O Call xudeu
  • Les Voltes
  • Convento
  • Sant Pol de la Bisbal

Festas e tradicións[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]