LBA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

LBA (sigla de logical block addressing, algo así como 'enderezamento para bloques lóxicos') é un método de acesso ao disco ríxido. O acesso ao disco realízase por medio de unidades chamadas sectores. Para poder ler ou escribir algo no disco, é necesario especificar a posición no disco, por exemplo por medio de cadanseu número de sector. Se o disco é antigo (RLL, MFM ou IDE sen LBA) usará o sistema CHS, e daquela a arquitectura do disco espera unha referencia tripla (ao cilindro, a cabeza e ao sector) para designar o ponto desexado no disco. O LBA, usado con discos SCSI e IDE maiores de 504 MB, traduce as especificacións de cilindro, cabeza e sector do disco para enderezos que unha BIOS mellorada ou extendida pode manexar. A cada sector asígnase un único número de sector, para no ter que referirse ao número de sector, cabeza e cilindro, como acontece no sistema CHS. Os sectores numeranse de 0 a n-1, sendo n o número de sectores do disco.

Ligazons externas[editar | editar a fonte]