L'ultima legione
| L'ultima legione | ||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
|
||||||||||||||
|
L'ultima legione é unha novela histórica do escritor italiano Valerio Massimo Manfredi que foi publicada no 2002.
Argumento [editar]
Anno Domini 476. O Imperio Romano está chegando á súa fin. Dividido en dúas partes e devastado polas invasións dos bárbaros, son xa poucos os territorios onde se mantén o dominio de aquel Estado que gobernou o mundo durante tantos séculos. Rómulo Augústulo, con trece anos, é o emperador de Occidente tras sobrevivir á aniquilación da súa familia.
O xeneral xermánico Wulfila faino prisioneiro e lévao á illa de Capri xunto co seu preceptor Ambrosino. Porén, non todos se renderon ás forzas bárbaras: Aurelio, un soldado da ultima lexión romana que fora atacada e case derrotada polos xermánicos, cumpre a derradeira vontade de Flavio Orestes (o pai de Rómulo) e parte na súa busca para rescatalo coa axuda dunha rapaza romana chamada Livia, que lle salva a vida cando é derrotado no seu primeiro intento de salvar ó neno.
Adaptación ó cine [editar]
No 2007, o director Doug Lefler levou a historia ó cine baixo o título The Last Legion. Está protagonizada por Colin Firth, Thomas Sangster e Ben Kingsley.