L'occasione fa il ladro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

L'occasione fa il ladro
A ocasión fai ao ladrón
FormaFarsa cómica
Actos e escenas1 acto
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaLuigi Prividali
Estrea24 de novembro de 1812
Teatro da estreaTeatro San Moisè
Lugar da estreaVenecia
Música
CompositorGioachino Rossini
Localización da partituraBibliothèque du Conservatoire, París. Os recitativos secos son dun colaborador descoñecido.
Personaxes

Don Parmenión (barítono)
Martino (baixo)
Conde Alberto (tenor)
Don Eusebio (tenor)
Berenice (soprano)
Ernestina (soprano)

L'occasione fa il ladro (en galego A ocasión fai ao ladrón) é unha farsa cómica nun acto con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Luigi Prividali, baseado en Le prétendu par hazard, ou L'occasione fait le larron (1810) de Eugène Scribe. Foi estreada no Teatro San Moisè de Venecia o 24 de novembro de 1812.

Foi composta por Rossini en non máis de 11 días cando tan só tiña 20 anos, é a cuarta das cinco farsas compostas por Rossini para o Teatro San Moisè de Venecia entre 1810 e 1813.

A ópera explica unha historia, con final feliz, de amores e equívocos. Unha característica tempestade rossiniana que introduce ao espectador nunha pousada no camiño de Nápoles, na que se refuxiaron Don Parmenión, un aventureiro xactancioso e atrevido, o seu criado Martino e o Conde Alberto, nobre refinado e sensible. Parmenión busca á filla dun amigo que fuxiu co seu amante e Alberto atopará a Berenice, a muller que seu pai, no leito de morte, destinoulle como esposa e que aínda non coñece.

Esta obra represéntase moi pouco na actualidade, figurando nas estatísticas de Operabase con só 6 representacións no período 2005-2010, sendo a décimo cuarta de Rossini.[1]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 24 de novembro de 1812
(Director: )
Don Parmenione barítono Luigi Pacini
Martino (o seu servinte) baixo Filippo Spada
Conde Alberto tenor Tommaso Berti
Don Eusebio tenor Gaetano Dal Monte
Berenice (súa sobriña) soprano Giacinta Canonici
Ernestina (súa amiga) soprano Carolina Nagher

Orquestración[editar | editar a fonte]

A partitura de Rossini prevé a utilización de:

Para os recitativos:

Estrutura[editar | editar a fonte]

  • 1 Sinfonia e Introduzione Frema in cielo il nembo irato (Parmenione, Martino, Alberto)
  • 2 Aria Che sorte, che accidente (Parmenione)
  • 3 Aria Vicino è il momento (Berenice)
  • 4 Quintetto Quel gentil, quel vago oggetto (Parmenione, Ernestina, Alberto, Berenice, Eusebio)
  • 5 Aria D'ogni più sacro impegno (Alberto)
  • 6 Duetto Voi la sposa? (Parmenione, Berenice)
  • 7 Aria Il mio padrone è un uomo (Martino)
  • 8 Recitativo accompagnato e Aria Voi la sposa pretendete (Berenice)
  • 9 Finale Quello, ch'io fui, ritorno (Parmenione, Ernestina, Eusebio, Alberto, Berenice, Martino)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Estatísticas". Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2015. Consultado o 01 de abril de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.