L'equivoco stravagante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
L'equivoco stravagante
Un curioso malentendido
Forma Ópera
Actos e escenas 2 actos
Idioma orixinal do libreto Italiano
Libretista Gaetano Gasbarri
Estrea 26 de outubro de 1811
Teatro da estrea Teatro del Corso
Lugar da estrea Boloña
Música
Compositor Gioachino Rossini
Localización da partitura Perdida
Personaxes

Ernestina (contralto)
Gamberotto (baixo buffo)
Buralicchio (baixo buffo)
Ermanno (tenor)
Rosalia (soprano)
Frontino (tenor)

L'equivoco stravagante (en galego Un curioso malentendido) é unha ópera en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Gaetano Gasbarri. Foi estreada o 26 de outubro de 1811 no Teatro del Corso de Boloña (Italia). Trátase da primeira ópera a gran escala de Rossini.

Historia[editar | editar a fonte]

L'equivoco stravagante foi estreada no Teatro del Corso de Boloña o 26 de outubro de 1811. A pesar do seu éxito inicial, a ópera non tivo unha longa vida e tan só foi representada tres veces antes de que a policía pechara a produción, posíblemente a causa de que o texto tocaba o tema da deserción do exército. A música da obertura perdeuse posteriormente.

Logo dun longo período esquecida, tivo varias representacións no Teatro San Carlo de Nápoles en 1974, con Sesto Bruscantini como Gamberotto, e Rolando Panerai como Buralicchio.

A ópera foi producida por primeira vez nos Estados Unidos (na tradución inglesa como The Bizarre Deception) pola Bronx Opera en xaneiro de 2004.[1]

Esta ópera represéntase moi pouco na actualidade, figurando nas estatísticas de Operabase con tan só dúas representacións no período 2005-2010.[2] A pesar de non ter entrado aínda no repertorio habitual, conta con grandes interpretacións no Rossini Opera Festival.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Poersonaxe Tesitura Reparto na estrea, 26 de outubro de 1811
(Director: Giuseppe Boschetti)
Gamberotto, un rico granxeiro baixo Domenico Vaccani
Ernestina, filla de Gamberotto contralto Marietta Marcolini
Buralicchio, un home xove rico, prometido de Ernestina baixo Paolo Rosich
Ermanno, un home xove pobre, namorado de Ernestina tenor Tommaso Berti
Rosalia, unha empregada de Ernestina' mezzosoprano Angiola Chies
Frontino, un servinte de Gamberotto e confidente de Ermanno tenor Giuseppe Spirito

Argumento[editar | editar a fonte]

A ópera ten lugar a principios do século XIX en Italia. Baséase na historia de amor na que o rico e parvo Buralicchio é disuadido de casar con Ernestina polas calumnias verquidas sobre ela por parte do seu amante Ermanno, con quen si poderá casar.

Orquestración[editar | editar a fonte]

A partitura de Rossini require:

Para os recitativos:

Estrutura[editar | editar a fonte]

  • Sinfonia

Acto I[editar | editar a fonte]

  • 1 Introduzione:
    • Terzetto Si cela in quelle mura (Ermanno, Frontino, Rosalia)
    • Coro Allegri, compagnoni
    • Cavatina Mentre stavo a testa ritta (Gamberotto)
    • Stretta Se mi destina un tanto onore (Gamberotto, Ermanno, Frontino, Rosalia)
  • 2 Cavatina Occhietti miei vezzosi (Buralicchio)
  • 3 Duettino Ah, vieni al mio seno
  • 4 Coro e cavatina Oh come tacita - Nel cuor un vuoto io provo (Ernestina)
  • 5 Coro Andrem, vedrem
  • 6 Quartetto Ti presento a un tempo istesso (Gamberotto, Ernestina, Ermanno, Buralicchio)
  • 7 Aria Parla, favella, e poi (Gamberotto)
  • 8 Aria Quel furbarel d'amore (Rosalia)
  • 9 Duetto Sì, trovar potrete un altro (Ermanno, Ermanno)
  • 10 Finale I
    • Terzetto Volgi le amabili (Gamberotto, Buralicchio, Ernestina)
    • Quartetto Che vedo, oh stelle! (Ermanno, Frontino, Rosalia, Ernestina)
    • Stretta Alme infide! (Buralicchio, Gamberotto, Ermanno, Ernestina, Rosalia, Frontino, Coro)

Acto II[editar | editar a fonte]

  • 11 Introduzione Perché sossopra (Coro, Frontino)
  • 12 Aria Vedrai fra poco nascere (Frontino)
  • 13 Duetto Vieni pur, a me t'accosta (Ernestina, Buralicchio)
  • 14 Recitativo e Aria E mi lascia così? - Sento da mille furie (Ermanno)
  • 15 Quintetto Speme soave (Ernestina, Ermanno, Rosalia, Gamberotto, Buralicchio, Coro)
  • 16 Aria Il mio germe (Gamberotto)
  • 17 Cavatina D'un tenero ardore (Ermanno)
  • 18 Scena e rondò con cori Il periglio passò - Se per te lieta torno - Vicina al termine (Ernestina, Coro)
  • 19 Finale Scapperò, questo mi pare (Buralicchio, Frontino, Gamberotto, Ermanno, Ernestina, Coro)

Gravacións[editar | editar a fonte]

Ano Reparto:
Gamberotto, Ernestina, Buralicchio, Ermanno
Director,
Teatro de ópera e orquestra
Selo [3]
2001 Marco di Felice,
Petia Petrova,
Marco Vinco,
Vito Martino
Alberto Zedda,
Czech Chamber Soloists and Chorus
Audio CD: Naxos Opera Classics
Cat: 8.660087-88
2008 Bruno de Simone,
Marina Prudenskaja,
Marco Vinco,
Dmitry Korchak
Umbero Benedetti Michelangeli,
Orchestra Haydn di Bolzano e Trento
(Gravada no Rossini Opera Festival)
DVD: Dynamic
Cat: 33610

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]