Lúa azul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lúa Azul do 31 de agosto de 2012 vista do Observatório Municipal de Campinas Jean Nicolini no Brasil

Chámase lúa azul (tradución do inglés blue moon) á segunda lúa chea ocorrida durante un mesmo mes do calendario gregoriano (o usado habitualmente en Occidente), o que acontece aproximadamente cada tres anos. Orixinalmente o termo referíase ao cuarto plenilunio dunha estación calquera do ano. O fenómeno «lúa azul» cobrou popularidade cando se produciu dúas veces no mesmo ano (xaneiro e marzo) de 1999. Os medios de comunicación destacaron amplamente o acontecemento, pouco coñecido até entón. Naturalmente, o mes de febreiro de 1999 non se produciu ningunha lúa chea.

Baseándose a orixe do termo no calendario gregoriano, o seu uso difundiuse probabelmente na Europa medieval. A tradución galega non é abondo completa, xa que en inglés antigo a palabra da cal deriva ‘azul’, belewe ("blue"), podía significar ‘traidor’, en referencia quizais ao rompemento do costume dunha lúa chea cada mes.[1] Entre tres e sete veces en cada século hai dúas lúas azuis nun mesmo ano. Por mor a que o mes de febreiro é o único cuxa duración é inferior ao ciclo lunar, a primeira sempre se produce en xaneiro e a segunda, en orde decrecente de probabilidade, en marzo, abril ou maio.[2] Ollouse unha lúa azul o día 31 de decembro de 2009, coincidindo cun eclipse parcial de lúa, cuxo plenilunio previo foi o día 2 de decembro.

Algúns sitios xeradores de trolas afirman que a lúa efectivamente adopta unha cor azulina,[3] como no filme dos Pitufos de 2011 The Smurfs.

Listaxe de lúas azuis[editar | editar a fonte]

Pasadas recentes[editar | editar a fonte]

  • Xullo de 1996
  • Xaneiro de 1999
  • Marzo de 1999
  • Novembro de 2001
  • Xullo de 2004
  • Xuño de 2007
  • Decembro de 2009
  • Agosto 2012
  • Febreiro de 2014
  • Xullo de 2015

Vindeiras[editar | editar a fonte]

  • Xaneiro de 2018
  • Marzo de 2018
  • Outubro de 2020
  • Agosto de 2023
  • Maio de 2026
  • Decembro de 2028
  • Setembro de 2031
  • Xullo de 2034
  • Xaneiro de 2037
  • Marzo de 2037
  • Outubro de
  • Xaneiro de 2048
  • Setembro de 2050
  • Xullo de 2053
  • Marzo de 2056
  • Outubro de 2058
  • Agosto de 2061
  • Maio de 2064
  • Decembro de 2066
  • Setembro de 2069
  • Maio de 2072
  • Abril de 2075
  • Outubro de 2077
  • Xullo de 2080
  • Maio de 2083
  • Decembro de 2085
  • Setembro de 2088
  • Xullo de 2091
  • Xaneiro de 2094
  • Abril de 2094
  • Xuño de 2097

Fontes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «What is a blue moon?», Arquivado 07 de setembro de 2012 en Wayback Machine. artículo en Farmers' Almanac. Consultado o 31 de agosto de 2012.
  2. «Double blue moons», Arquivado 26 de decembro de 2009 en Wayback Machine. artigo de David Harper e Lynne Marie Stockman. Consultado o 31 de agosto de 2012.
  3. «Dos curiosos eventos astronómicos en plenas olimpiadas (o ritual illuminati)… Agosto comienza y termina con una rara LUNA LLENA “AZUL”…que no se repetirá hasta el 2015…Y tendremos una lluvia de meteoros hasta el final de los juegos olímpicos, dónde se dará su APOGEO!!», artículo del 3 de agosto de 2012, que muestra una fotografía retocada de la Luna con un temible color azul eléctrico.