Líridas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As Líridas son unha chuvia de meteoros de actividade moderada. O seu período de actividade esténdese entre o 16 e o 26 de abril. O seu máximo é o día 22 de dito mes con THZ 18. As Líridas veñen sendo observadas dende hai 2.600 anos.

Son meteoros de velocidade alta que radian da Lira ou Lyra, constelación da que toman o nome.

O corpo proxenitor das Líridas é o cometa C/1861 G1 Thatcher de longo período.

Se ben é unha chuvia anual, amosa aumentos de actividade con periodicidade descoñecida. Os últimos en 1945, 1946 e 1982, con THZ <200.