Lídia Jorge

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lídia Jorge
Lídia Jorge 2014 Faro - 2.JPG
Lídia Jorge (2014).
Datos persoais
Nacemento 18 de xuño de 1946 (68 anos)
Lugar Boliqueime, Flag of Portugal.svg
Falecemento
Lugar
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Portugués
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros Novela
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
Premios {{{premios}}}
[[Ficheiro:|centro|]]
{{{web}}}

{{{notas}}}

Lídia Jorge, nada en Boliqueime o 18 de xuño de 1946, é unha escritora portuguesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Filoloxía Románica pola Universidade de Lisboa e foi profesora de Ensino secundario, impartindo clase en Angola e Mozambique, durante o último período da Guerra colonial portuguesa.

A publicación da súa primeira novela O Dia dos Prodígios (1980) constituíu un acontecemento nun período no que se inauguraba unha nova etapa na Literatura Portuguesa. Seguiron a novela O Cais das Merendas (1982) e Notícia da Cidade Silvestre (1984), [1] ambas distinguidas co «Premio Literario Municipio de Lisboa».

Pero foi con A Costa dos Murmúrios (1988)[2] libro que reflicte a experiencia colonial pasada en África, co que a autora confirmou o seu destacado lugar no panorama das letras portuguesas.

Tras as novelas A Última Dona (1992) e O Jardim sem Limites (1995),[3] seguiu O Vale da Paixão (1998)[4] galardoado co «Prémio Dom Dinis» da Fundação dá Casa de Mateus, o «Prémio Bordallo de Literatura» da Casa dá Imprensa, o «Prémio Máxima de Literatura», o «Prémio de Ficção» do P.E.N. Club, e en 2000, o «Prémio Jean Monet de Literatura Europeia» ao Escritor Europeo do Ano.

Catro anos despois, publicou O Vento Assobiando nas Gruas (2002), novela que mereceu o «Grande Prémio» da Associação Portuguesa de Escritores e o «Prémio Correntes d'Escritas».

Lídia Jorge publicou tamén dúas antoloxías de contos, Marido e Outros Contos (1997) e O Belo Adormecido (2003), ademais das publicacións independentes A Instrumentalina (1992) e O Conto do Nadador (1992). A súa obra de teatro A maçom foi levada a escena no Teatro Nacional Dona Maria II, en 1997.

A novela A Costa dos Murmúrios foi adaptada (2004) ao cinema por Margarida Cardoso.

En 2006, a autora foi distinguida en Alemaña coa primeira edición do «Premio Internacional de Literatura Albatroz» da Fundación Günter Grass, polo conxunto da súa obra.

Combateremos a Sombra, presentada o 22 de marzo de 2007, na Casa Fernando Pessoa, en Lisboa, é a súa última novela.

Obtivo o Premio Escritora Galega Universal concedido pola AELG no 2013.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cf. Antonio Maura, «Noticia de la ciudad silvestre. Lídia Jorge», ABC Literario, 16-6-1990. (en castelán)
  2. Cf. Antonio Maura, «La costa de los murmullos. Lídia Jorge», ABC Literario, 10-6-1990. (en castelán)
  3. Cf. Mercedes Mommany, «Una casa frente al Tajo», ABC Cultural, 21-7-2001.
  4. Cf. íbidem.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gonçalves, Ilena Luís Candeias. Escritores Portugueses do Algarve. Edições Colibri, Lisboa, 2006.