Léon-Charles Thévenin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Léon-Charles Thévenin

Léon Charles Thévenin, nado o 30 de marzo de 1857 e finado o 21 de setembro de 1926, foi un enxeñeiro de telégrafos francés que extendeu a Lei de Ohm ao análise de circuítos eléctricos complexos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Meaux, Thévenin graduouse na Escola Politécnica de París no ano 1876. En 1878, uníuse ao corpo de Enxeñeiros de telégrafos de Francia. Alí traballou inicialmente no desenvolvemento de liñas telegráficas soterradas de longa distancia.

Nomeado profesor xefe na Escola Superior en 1882, comezaron a interesarlle cada vez máis os problemas de medidas nos circuítos eléctricos. Tras estudar as Leis de Kirchhoff e a Lei de Ohm, desenvolveu o seu famoso teorema, o Teorema de Thévenin, o cal fixo posible calcular correntes en circuítos eléctricos máis complexos.

Ademais ensinou outras asignaturas fóra da Escola Superior, incluíndo un curso de mecánica no Instituto Nacional Agrónomo de París. No 1896, foi nomeado Director da Escola de Enxeñería de Telégrafos, e no ano 1901 foi nomeado Enxeñeiro en Xefe da compañia de telégrafos.