Lámpada compacta fluorescente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lámpada compacta fluorescente con figura de espiral.

A lámpada compacta fluorescente (CFL na súa sigla en inglés), tamén coñecida como lámpada aforradora de enerxía ou lámpada de luz fría, é un tipo de lámpada fluorescente que pode ser usada nas roscas estándar para bombillas ou lámpadas incandescentes ou con luminarias pequenas.

As CFLs duran entre 8 e 10 veces máis que as bombillas incandescentes e usan menos enerxía eléctrica para producir a mesma iluminación. Desta maneira, as lámpadas CFL axudan a aforrar custos nas facturas de electricidade e, a pesar do seu prezo inicial superior, a partir das primeiras 500 horas de uso xa comezan a saír máis económicas.

Mercado[editar | editar a fonte]

Presentadas mundialmente a principios da década dos anos 80, as vendas das lámpadas CFL aumentaron constantemente debido ás melloras no seu funcionamiento e a redución do seu prezo. O máis importante avance na tecnoloxía das lámpadas fluorescentes (incluídas as CFL) foi o substitución dos balastros magnéticos (transformadores usados para o seu acendido) polos do tipo electrónico. Esta substitución permitiu a eliminación do efecto de pestanexo e do lento acendido tradicionalmente asociados á iluminación fluorescente.

As lámpadas CFL son producidas para o seu uso con corrente alterna e con corrente continua. Estas últimas adoitan ser usadas para a iluminación interna das casas rodantes e en luminarias activadas por enerxía solar. En países pobres, acostúmase usar estas últimas como reemprazo das lanternas a base de queroseno.

Consumo de enerxía en CFL Vs. lámpadas incandescentes[editar | editar a fonte]

Equivalente de saída de luz
Incandescente Compacta
fluorescente
lámp. CCFL lámp. LED
25 W 5-6 W  ?W 4,5-9W
40 W 8 W  ?W 6-12W
60 W 11–13 W  ?W  ?W
75 W 18–20 W  ?W  ?W
100 W 20-25 W  ?W  ?W
125 W 26-30 W  ?W  ?W
150 W 35-42 W  ?W  ?W

As CFL teñén unha garantía dunha duración de 8.000 horas. As lámpadas incandescentes normalmente duran de 500 a 2.000 horas dependendo da súa exposición a picos de voltaxe e golpes mecánicos.

Tipicamente, as CFL usan cerca dunha cuarta parte da potencia das incandescentes. Por exemplo, unha lámpada CFL de 15 W produce a mesma luminosidade que unha incandescente de 60 W, isto é, que o rendemento luminoso da CFL é de aproximadamente 60 lumens/W.

O quilovatio-hora é a unidade usada para medir o consumo e vender enerxía eléctrica na maioría dos países. O custo da electricidade en España aproxímase aos 0,063 por cada quilovatio-hora. Seguidamente, móstrase un cálculo que ilustra os custos de aplicación de cada tipo de lámpada.

Lámpada incandescente ( 75\,\mathrm{W}) \times ( 8000\,\mathrm{h}) \times \left( \frac{0,063\; EU\!R}{1000\,\mathrm{W} \cdot \mathrm{h}} \right) = 37,80\; EU\!R
CFL \left( 20\,\mathrm{W} \right) \times \left( 8000\,\mathrm{h} \right) \times \left( \frac{0,063\; EU\!R}{1000 \,\mathrm{W} \cdot \mathrm{h}} \right) = 10,08\; EU\!R

Os cálculos anteriores non teñen en conta a influencia do quencemento da lámpada sobre os custos de enerxía. A enerxía que non se usa na xeración de luz convértese en enerxía calorífica. Por tanto, as lámpadas incandescentes producen un 80% de calor e un 20% de luminosidade, e as CFL invirten as porcentaxes: un 80% de luz e un 20% de calor. Durante os meses fríos, as lámpadas incandescentes poden axudar a quentar os cuartos e as oficinas; pero nos meses cálidos, estas lámpadas fan que os sistemas de ar acondicionado teñan que gastar máis enerxía eléctrica para arrefriar o ambiente.

Cores de luz nas lámpadas CFL[editar | editar a fonte]

Esta fotografía de diversas lámpadas ilustra o efecto das diferenzas de temperatura de cor.

As lámpadas de cores "Branco cálido" ou "Branco suave" (2700 K – 3000 K) proporcionan unha cor similar á das lámpadas incandescentes, algo amarela, en aparencia. As lámpadas "Branca", "Branca Brillante" ou "Branco Medio" (3500 K) producen unha luz branca-amarela, máis blanca que a dunha lámpada incandescente pero aínda considerada como "cálida". As lámpadas Branco Frío (4100 K) emiten máis dun ton branco puro e as llamadas "Daylight" (Luz diurna, de 5000 K a 6500 K) emiten un brillo levemente branco azulado.

O "K" representa a relación da cor e a temperatura medida en kelvin. A temperatura de cor é unha medida cuantitativa. Canto maior sexa esta cifra, máis "fría" (azulada) é a sombra dos obxectos que rodean a lámpada. Os nomes de cor asociados cunha temperatura de cor particular non están estandarizados nas CFLs modernas e nas lámpadas de trifósforo como estas co estilo das antigas lámpadas fluorescentes de halofosfato. Existen variacions e inconsistencias entre diversos fabricantes. Por exemplo, as CFLs fabricadas por Sylvania teñen unha temperatura de cor de 3500 K, aínda que a maioría das lámpadas que teñen a etiqueta "daylight" teñen temperaturas de cor de 5000 K como mínimo. Algúns fabricantes non inclúen este valor nos envases das lámpadas, pero esta situación comeza a se corrixir agora que se espera que os criterios da norma estadounidense Energy Star para CFLs requiran este valor impreso, na súa revisión 4.0.

As CFLs son producidas tamén noutras cores menos comúns, como:

  • vermello, verde, laranxa, azul e rosa, principalmente para usos decorativos.
  • amarela, para iluminacion exterior, porque non atrae os insectos.
  • "Luz escura" ou "Luz negra", para efectos especiais.

As CFLs con fósforo xerador de UVA (Raios Ultravioletas "A") son unha fonte eficiente de luz ultravioleta de onda longa ("Luz escura"), moito máis que as lámpadas incandescentes de "luz escura", xa que a cantidade de luz ultravioleta que produce o filamento destas últimas é acorde á radiación do chamado corpo negro e a radiación ultravioleta é só unha fracción do espectro luminoso xerado.

Ao ser unha lámpada de descarga gasosa, a CFL non xera todas as frecuencias de luz visíbel; o índice actual de produción (renderizado) de cor é un compromiso de deseño. Con menos que un perfecto renderizado da cor, as CFLs poden ser insatisfactorias para iluminación de interiores, pero os deseños modernos, de alta calidade, teñen demostrado ser aceptábeis para uso no fogar.

Outras tecnoloxías de CFL[editar | editar a fonte]

Outro tipo de lámpada fluorescente é a fluorescente sen electrodos, coñecida como lámpada radiofluorescente ou de indución fluorescente. A diferenza de outras lámpadas fluorescentes convencionais, a iluminación lévase a cabo mediante indución electromagnética. Esta indución efectúase mediante un núcleo de ferrita cun embobinado de fío de cobre que se introduce no bulbo da lámpada encapsulado nunha cuberta de vidro con figura de "U" invertido. O embobinado é enerxizado con corrente alterna a unha frecuencia de 2,65 ou 13,6 MHz; isto ioniza o vapor de mercurio da lámpada, excitando o recubrimento interno de fósforo e producindo luz. A vantaxe principal que ofrece esta tecnoloxía é o enorme aumento na vida útil da lámpada, a cal é tipicamente estimada en 60.000 horas.

Outra variante das tecnoloxías existentes de CFL son os bulbos ou lámpadas cun recubrimento externo de nano-partículas de dióxido de titanio. Esta substancia é un fotocatalizador que se ioniza cando se expón ás radiacions Ultra Violeta producidas pola CFL, sendo capaz de converter osíxeno en ozono e auga en radicais hidroxilos, o que neutraliza os olores e elimina bacterias, virus e esporas de mofo.

A lámpada de luz fluorescente de cátodo frío (CCFL na sigla en inglés) é unha das formas máis novas de CFL. As lámpadas CCFL usan electrodos sen filamentos. A voltaxe que atravesa estas lámpadas é case 5 veces superior ao das lámpadas CFL e a corrente entre os seus terminais é 10 veces menor, aproximadamente. As lámpadas CCFL teñen un diámetro de case 3 milímetros e son usadas na retroiluminación dos monitores delgados. O seu tempo de vida útil é de aproximadamente 50.000 horas e o seu rendemento luminoso é igual á metade das lámpadas CFL.

Inconvenientes[editar | editar a fonte]

Porén, non todo son vantaxes. As bombillas CFL conteñen unha pequena cantidade de mercurio, un elemento altamente contaminante. Por este motivo, a conciencia do consumidor é clave á hora de seren recicladas de forma adecuada tras a súa vida útil. Tras deixar de funcionar non deben ir nunca ao lixo convencional, senón a un punto limpo de recollida ou ben ás tendas de venda deste produto.

En caso de ruptura da lámpada, e seguindo as instrucións do "Department for Environment, Food and Rural Affairs (DEFRA)" encargado da protección ambiental no Reino Unido, é preciso o seguinte:

  • Desocupar o cuarto e ventilalo polo menos 15 minutos. Non usar aspiradora.
  • Limpar utilizando luvas de goma e evitar a inhalación do po do aire.
  • Recoller todas as partículas e fragmentos de vidrio e polos nunha bolsa de plástico. Limpar a zona cun pano húmido e a continuación polo nunha bolsa e cerrala ben. A bolsa non debe tirarse co lixo. Todos os concellos teñen aa obriga de dispor das medidas necesarias para a eliminación dos residuos perigosos”.

Tipos de lámpadas CFL[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

En español[editar | editar a fonte]

En inglés[editar | editar a fonte]