Lábaro cántabro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O lábaro, símbolo dos antigos cántabros

Desde hai bastantes anos popularizouse en Cantabria e Euskadi os símbolos denominados lábaro cántabro ou lauburu coa finalidade de representar ambos os dous pobos. Incluso algúns autores fan mención deles coma orixe do lábaro de Constantino, utilizado polas lexións romanas.

Historia[editar | editar a fonte]

Sabemos polos escritos de Tertuliano e Minucio Félix que existía entre as lexións romanas un estandarte chamado cantrabrun, que consistía nun pendón de tea vermella que estaba suxeito nun traveseiro fixado perpendicularmente ao mastro de subxección do estandarte. Coma as lexións tiñan outro pendón parecido chamado vexillum, é de supoñer que o que os diferenciaba era o motivo do bordado.

Este tipo de estandartes estaba bastante difundido entre os pobos célticos e aparece representado no Arco de Orange e en acusacións celtibéricas. Suponse que o seu uso se tomou das tropas auxiliares cántabras que serviron nas lexións romanas, como tamén tomaron as tácticas militares da cabalería coñecidas coma circulus cantabricus e cantabricus impetus.

Etimoloxicamente, lábaro procede de lab (falar) é está amplamente representado nas linguas celtas. Llafar é falar, falador, idioma, voz, mentres que no antigo córnico e bretón, lavar é palabra e, en irlandés antigo, labar é charlatan e labrad significa fala.

No fragor da batalla, os estandartes eran utilizados para enviar ordes e sinais, xa que era imposible escoitar a voz de mando, de aí o seu nome que significa "o que fala".

Varios autores déronse conta dunha influencia indirecta dos cántabros a través do seu estandarte militar "cantabrum". Polo non resulta moi descabellado pensar que os antigos cántabros posuíran un estandarte chamado lábarum de tela vermella e cun bordado de forma cruciforme. É moi amplo o estudo realizado por Montes Neira, onde coida atopar o lábaro cántabro en varias estelas discoideas xigantes de Cantabria, especialmente a de Zurita, aínda que estas estelas xigantes son tipicamente cántabras. Tamén hai algunha representación en Bizkaia e Asturias (Coaña). Está formada por catro crecentes lunares rematadas en círculo e cun punto central, o que lle dá forma de cruz. A representación deste símbolo non é exclusivo de Cantabria, xa que hai achádegos en toda a Península Ibérica e mais en Europa, especialmente na zona de Aquitania, onde varían os motivos ornamentais, pero a súa representación astral é exclusiva de Cantabria. Pero non se pode afirmar con total seguridade que a representación da estela sexa a mesma que ía bordada na tela do lábaro cántabro e moito menos que sexa o cantabrum romano, xa que o uso de estandartes durante as batallas era unha práctica moi estendida entre os pobos celtas e xermánicos. A cor vermella da tea ten a súa razón, xa que os pobos indoeuropeos relacionaban esta cor coas súas deidades guerreiras e cazadoras.