Kvas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un vaso de kvas.
Un vaso de Lauku Kvas comercial lituano.

O Kvas, bebida de pan (lit. "fermento") é unha bebida fermentada lixeiramente alcohólica moi popular en Rusia, Bielorrusia, Ucraína e outros países do leste europeo. É tan baixa en alcohol que se considera aceptable incluso para o consumo dos nenos. A pesar de que ás veces chámaselle “cervexa para nenos”, ten tamén aceptación entre tódalas idades. En canto á súa graduación, o kvas pode ser dende practicamente sen-alcohol ata ter tan só en torno ó 1-1.5% de graduación alcohólica para os máis fortes. A miúdo está aromatizada con froitas ou herbas como amorodos ou menta.

Os rusos tamén usan kvas para cociñar unha sopa fría especial do verán, a okroshka. Na Rusia urbana, ou “Kombucha” (unha bebida que se fixo popular en Rusia dende principios do século XX) é denominado ás veces "té kvas" ou (erroneamente) simplemente como "kvas", a pesar de que estas dúas bebidas son claramente diferentes.

  • Outras denominacións.
O kvas chámase квас (kvas) en ruso, bielorruso e ucraíno; en polaco: kwas chlebowy (lit. "levadura de pan"), en lituano: gira, e estoniano: kali.

Historia[editar | editar a fonte]

Venda ambulante de kvas en Kiev, Ucraína.
Kvas caseiro fermentando nun bote de cristal.

O Kvas ten sido unha bebida corrente na Europa do leste dende tempos remotos. Do mesmo modo, ten sido tanto un produto comercial como de produción caseira. Era un costume amplamente seguido consumilo en tódolos países eslavos, e en case tódalas cidades cidades había vendedores de kvas na rúa. Despois da caída da Unión Soviética en 1991, os vendedores ambulantes desapareceron das rúas de Letonia, debido ás novas leis de sanidade que prohibiron a súa venda na rúa, e a desestabilización económica obligou ó peche de moitas fábricas de kvas.

A compañía multinacional Coca-Cola desembarcou e rapidamente dominou o mercado das bebidas refrescantes, pero en 1998 a industria local de bebidas refrescantes contraatacou coa venda de kvas embotellado e lanzando unha agresiva campaña de márketing. Esta repentina recuperación foi estimulada aínda máis polo feito de que o kvas vendíase por arredor da metade de prezo que a Coca-Cola. En tan só tres anos, o kvas constituíu un total do 30% do mercado das bebidas refrescantes en Letonia, mentres que a porción de mercado de Coca-Cola caíu do 65% ó 44%. Coca-Cola tivo pérdidas en Letonia que rondaron o millón de dólares en 1999 e 2000. A situación foi similar nos outros países bálticos e en Rusia. Coca-Cola defendeuse comprando fabricantes de kvas e comenzando tamén a fabricación de kvass nas súas plantas de fabricación de bebidas carbonatadas.

A East End Brewing Company de Pittsburgh, (Philadelphia, USA) lanzou a primeira cervexa de pan rusa comercial fermentada nos Estados Unidos o 19 de outubro do 2006. A bebida, denominada Session Ale #5, ou Kvas, estará dispoñible durante un tempo limitado. En Letonia, a compañía Coca-Cola fabrica un kvass chamado "Pilskalna Kvas".