Kutuzov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kutuzov é a maior illa do río Ussuri, unha antiga área disputada entre Rusia e a China. A illa foi outrora unha parte da China co nome de Daxitong dao. A Unión Soviética tomou a illa durante o goberno Manchukuo. A illa seguiu baixo soberanía rusa despois da caída da Unión Soviética. A Republica da China (Taiwán) non recoñece este feito, ao igual que as outras transferencias para a URSS e Rusia despois de 1931.