Kunya-Urgench

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
Kunya-Urgench
KonyeUrgenchMausoleum.jpg
Mausoleo do Sultán Tekesh
Flag of UNESCO.svg Información Flag of UNESCO.svg
Inscrición: 2005
País: Turcomenistán
Localización: 43°23′18″N 59°16′14″E / 43.38833°N 59.27056°E / 43.38833; 59.27056
Rexión: Non dispoñible
Tipo: Non dispoñible
Criterios: (ii)(iii)
Descrición UNESCO: fr en
Minarete de Kutlug Timur.

Kunya-Urgench (Vella-Urgench) era a antiga capital do estado de Corasmia, actualmente dentro de Turcomenistán, na provincia de Daşoguz. Urgench, en persa Gurgandj, en árabe Jurjâniya, deu seguramente o seu nome ao organdí.

Presérvanse varios monumentos en Kunya-Urgench, os mausoleos de Fahrad-din Razi (século XIII), Tekesh Khorezmshakh (século XIII) e Turabek-khanum Kala (século XIV); a fortaleza de Ak-Kala e o minarete da mesquita (con 62 metros de altura), son exemplos da escola de arquitectura e construción urgench.

No ano 2005, as ruínas de Kunya-Urgench foron inscritas como Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

Foi devastada en 1220 polos mongois de Genghis Khan, logo foi abandonada a causa do cambio do curso do río Amu Daria; e a moderna Urgench renaceu a uns 150 km da antiga, no actual Usbequistán.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kunya-Urgench