Kunisaki
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
|
|||
| Mapa | |||
|---|---|---|---|
| Localización de Kunisaki na prefectura de Ōita | |||
| Localización da prefectura de Ōita no Xapón | |||
| Información | |||
| País | |||
| Prefectura | Prefectura de Ōita | ||
| Superficie | 317,84 km2 | ||
| Poboación | 33.088 (2009) | ||
| Densidade | 104 h/km² | ||
| Alcalde | |||
Kunisaki (国東市, くにさきし, Kunisaki-shi) é un concello da prefectura de Ōita no Xapón. Está situada na península Kunisaki, na parte nordeste da prefectura, e ao nordeste da rexión de Kyushu, a illa de Kyusyu. Ten 317,84 km² de superficie e unha poboación de 33.088 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 104 h/km².
A cidade de Kunisaki foi fundada pola fusión de 4 concellos de vila do distrito de Higashikunisaki (Kunimi-chou, Kunisaki-machi, Musashi-machi e Aki-machi) no ano 2006.
O concello de Kunisaki limita cos concellos de Bungotakada e de Kitsuki.