Krk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Krk
Localización da illa
Mapa da illa
Situación
PaísCroacia Croacia
MarMar Adriático
Coordenadas45°4′N 14°36′L / 45.067, -14.600Coordenadas: 45°4′N 14°36′L / 45.067, -14.600
Xeografía
Superficie405´78 km²
Punto máis alto568 m. Obzova
Demografía
CapitalKrk (pob. 6.243)
Poboación19.383 (2011)
Densidade44 hab./km²

Krk (italiano: Veglia, alemán: Vegl, latín: Curicta) é unha illa de Croacia, localizada ao norte do Mar Adriático, moi preto de Rijeka, na Baía de Kvarner e forma parte do Condado de Primorje-Gorski Kotar.

Características[editar | editar a fonte]

Krk, xunto con Cres, é a illa máis grande do Adriático, cunha área de 405,78 km², e é a máis populosa, con numerosas vilas e pobos que totalizan os 17.860 habitantes (2001). A pesar de recentes investigacións que sitúan a Cres como a illa máis grande de Croacia, datos oficiais mostran que ambas teñen o mesmo tamaño.

Núcleos de poboación[editar | editar a fonte]

As municipalidades e poboacións máis importantes de Krk inclúen:

  • A cidade epónima de Krk, con 5.491 habitantes (2001), e localizada a 45º13’ N, 14º32’ E.
  • Omišalj (italiano: Castelmuschio, alemán: Moschau): 2.998 habitantes
  • Malinska-Dubašnica (italiano: Malinsca, alemán: Durischal): 2.726 habitantes
  • Punat (italiano: Ponte, alemán: Sankt Maria): 1.876 habitantes
  • Dobrinj (italiano: Dobrigno, alemán: Dobrauen): 1.970 habitantes
  • Baška (italiano: Besca, alemán: Weschke): 1.554 habitantes
  • Vrbnik (italiano: Verbenico, alemán: Vörbnick): 1.245 habitantes

Economía e infraestrutura[editar | editar a fonte]

Krk atópase moi preto do continente e está conectada desde 1980 a través dunha ponte de formigón de dous arcos e de 1.430 metros de longo, sendo unha das pontes de formigón máis longas do mundo. Debido á súa proximidade coa cidade de Rijeka, Omišalj é a sede do Aeroporto de Rijeka, así como dunha refinaría de petróleo (con facilidades aos banqueiros do porto de Rijeka). Un mosteiro atópase na pequena illa de Košljun, preto da costa de Krk.

É un destino popular dos turistas, debido á súa proximidade con Eslovenia, o sur de Alemaña, Austria e o norte de Italia. Co colapso do Bloque Oriental, moitos turistas proveñen de Hungría, Romanía e outros países do bloque soviético.

Historia[editar | editar a fonte]

A illa de Krk foi habitada desde o século X a.C. Os romanos chamaron a illa Curicta. Durante a Guerra Civil Romana, a Baía de Curicta foi escenario do combate marítimo entre as frotas de Xulio César e Pompeio.

Uns mil anos despois, a illa foi centro do dialecto Vegliot do dálmata, unha lingua romance actualmente extinta. Krk foi tamén sede dos bispos medievais e da casa nobiliaria, os Francopanos.

Cultura e relixión[editar | editar a fonte]

Na illa hai trazos da cultura croata antiga. Creáronse obras literarias co alfabeto glagolítico que foi creado e preservado en Krk (destácase a Taboíña Baška, o texto preservado máis antigo en lingua croata).

Krk uniuse á República de Venecia durante a Idade Media ata a súa disolución co Tratado de Campo Formio, cando xunto con Istria, convertéronse en parte do Imperio Austro - Húngaro ata a primeira guerra mundial. Dese período vén moita parte da súa historia e cultura. Logo da segunda guerra mundial converteuse en parte de Iugoslavia e logo da separación das repúblicas iugoslavas, forma parte de Croacia.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]