Kraken Mare
| Kraken Mare | |
|---|---|
| Unha imaxe de radar de apertura sintética (arriba) superposta sobre outra no feita no espectro visible da rexión polar norte de Titán que amosa en toda a súa extensión o Kraken Mare. | |
| Tipo de accidente xeolóxico | Mare |
| Accidente xeolóxico de | Titán |
| Diámetro | 1.170 km |
| Superficie | 400.000 km2[1] |
| Coordenadas | 68° N 310° O |
| Procedencia do nome | Kraken, un lendario monstro mariño. |
Kraken Mare é o lago máis grande na superficie da lúa de Saturno, Titán. Foi descuberto pola sonda Cassini no 2007 e recibiu o nome de Kraken, o lendario monstro mariño da mitoloxía nórdica.[2]
Con case toda seguridade Kraken Mare é o lago máis grande dos lagos da rexión do polo norte de Titán, xa que conta con preto de 400.000 km2 (cinco veces máis co lago Superior de Norte América e un pouco máis grande co Mar Caspio, o lago máis grande da Terra) e a superficie total das áreas escuras que moi posiblemente sexan lagos non sería moi superior nestas estimacións (baseadas nas imaxes obtidas por radar) os 510.000 km2 (un 40% máis de tamaño co Mar Caspio), co cal este lago sería con moito o máis grande dos lagos da rexión do polo norte de Titán.[1]
O seu status coma mar de hidrocarburos foi confirmado polas imaxes e datos obtidos por radar. Só unha porción do mar escaneada por radar, pero coma se pode ver na imaxe da caixa de información, o seu tamaño e moito máis grande, coma así reflexa a imaxe de fondo feita no espectro visible.
Unha illa que existe dentro deste mar recibe o nome de Mayda Insula.
Coma parte do proxecto da Titan Saturn System Mission, propúxose que esta sonda a probe amenizara no Kraken Mare para analiza-la súa composición, profundidade e outras moitas propiedades.
Índice |
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 "Cassini Finds Hydrocarbon Rains May Fill Titan Lakes" (en en). JPL. http://saturn.jpl.nasa.gov/news/newsreleases/20090129Titan/. Consultado o 22/04/2010.
- ↑ "Titan: Kraken Mare" (en en). Gazetteer of Planetary Nomenclature. http://planetarynames.wr.usgs.gov/jsp/FeatureNameDetail.jsp?feature=74498. Consultado o 22/04/2010.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Map of Titan's north pole, based on radar imagery, showing Kraken Mare's location (imaxe dos lagos do polo norte de Titán con nomenclatura incluída.) (en inglés)
- Cassini-Huygens: Multimedia-Images (en inglés)