Kosmos 388

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kosmos 388
Tipo Militar
Destino actual Reentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento 18 de decembro de 1970, 9:39 GMT[1][2][3][4]
Foguete portador Kosmos 2I[2][5]
Sitio de lanzamento Cosmódromo de Plesetsk[2]
Obxectivo da misión Servir como obxectivos para probas de sistemas antisatélite (ASAT) e antimísiles e de control do espazo.[2]
Decaemento 10 de maio de 1971[1]
NSSDC ID 1970-112A
Masa 400 kg[6]

Kosmos 388 (Космос 388 en ruso), tamén denominado DS-P1-Yu Nº 38, foi un satélite artificial soviético lanzado o 18 de decembro de 1970 mediante un foguete Kosmos 2I desde o cosmódromo de Plesetsk.[2][5][7]

Características[editar | editar a fonte]

Kosmos 388 foi o trixesimooctavo membro da serie de satélites DS-P1-Yu e o trixesimocuarto lanzado con éxito tralo fracaso dos lanzamentos do segundo, vixesimoterceiro e trixésimosegundo membros da serie. Estaba adicado a servir como obxectivo para as probas antisatélites e antimísiles soviéticas.[6][3]

Kosmos 388 foi inxectado nunha órbita inicial de 532 km de apoxeo e 281 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 71 graos e un período de 92,3 minutos. Reentrou na atmosfera o 10 de maio de 1971.[6][3][1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "COSMOS 388" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=4811. Consultado o 13 de agosto de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Cosmos 388" (en inglés). 14 de maio de 2012. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1970-112A. Consultado o 13 de agosto de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 (PDF) Letter dated 18 March 1971 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space. 5 de abril de 1971. pp. 3. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=897. 
  4. "Kosmos 388" (en inglés). 2010. http://claudelafleur.qc.ca/Spacecrafts-1970.html#Kosmos-388. Consultado o 13 de agosto de 2012. 
  5. 5,0 5,1 "DS-P1-Yu (11F618)" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/ds-p1-yu.htm. Consultado o 13 de agosto de 2012. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "DS-P1-Yu" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/craft/dsp1yu.htm. Consultado o 13 de agosto de 2012. 
  7. (PDF) SPACECRAFT SCOREBOARD 1970 PART TWO. 16 de xullo de 1970. pp. 139. FLIGHT International. http://www.flightglobal.com/pdfarchive/view/1971/1971%20-%200150.html. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]