Kosmos 215

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kosmos 215
Tipo Observación terrestre e astronómica
Destino actual Reentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento 18 de abril de 1968, 22:29 GMT[1][2][3][4][5][6]
Foguete portador Kosmos 2I[2][7]
Sitio de lanzamento Kapustin Yar[2]
Obxectivo da misión Estudo da ionosfera terrestre e da radiación das estrelas xóvenes.[2][8]
Decaemento 30 de xuño de 1968[1]
NSSDC ID 1968-033A
Masa 400 kg[9]

Kosmos 215 (Космос 215 en ruso), tamén denominado DS-U1-A Nº 1 e Zybalik (que significa pimpín en ruso)[10], foi un satélite artificial soviético lanzado o 18 de abril de 1968 mediante un foguete Kosmos 2I desde Kapustin Yar que é considerado como o primeiro observatorio espacial[2][7][11][12][13].

Características[editar | editar a fonte]

Kosmos 215 foi o primeiro e único membro do modelo de satélites DS-U1-A. Estaba adicado a facer observacións da ionosfera terrestre e da radiación de estrelas xóvenes. O satélite non estaba estabilizado, pero a súa velocidade de rotación foi limitada a 0,12 graos/s mediante un mecanismo de freado. A identificación das estrelas fíxose grazas a un magnetómetro e a que dous dos telescopios proporcionaban información sobre as magnitudes visuais B e V[9][3].

Kosmos 215 foi inxectado nunha órbita inicial de 426 km de apoxeo e 261 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,5 graos e un período de 91,0 minutos. Reentrou na atmosfera o 30 de xuño de 1968[9][3][1].

Instrumentos[editar | editar a fonte]

Kosmos 215 levaba a bordo oito telescopios duns 7 cm de diámetro e un campo de visión dun grao para facer observacións no rango visible na banda entre 1250 e 2700 angstrom, no ultravioleta e na banda de raios X entre 0,5 e 5 angstrom. Tamén portaba dous fotómetros co que facer observacións da radiación solar dispersada nas capas superiores da atmosfera terrestre. En cada órbita, Kosmos 215 observaba entre 10 e 25 estrelas[8][10].

A carga científica do satélite foi desenvolvida por N. Dimov e V. Prokoviev no observatorio de Crimea, por Vladimir Kurt no instituto Sternberg e por V. Tiyt en Estonia[10].

Resultados[editar | editar a fonte]

Kosmos 215 mideu a luminiscencia da envoltura de hidróxeno da Terra, confirmando que se extende ata os 20.000 km de altura e descubriu (simultaneamente con satélites norteamericanos) un resplandor a latitudes tropicais, producido case con seguridade pola recombinación de electróns con hidróxeno atómico[10].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "COSMOS 215" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=3205. Consultado o 20 de agosto de 2012.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Cosmos 215" (en inglés). 14 de maio de 2012. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1968-033A. Consultado o 20 de agosto de 2012.
  3. 3,0 3,1 3,2 (PDF) Letter dated 8 May 1968 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space. 3 de xuño de 1968. pp. 2. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=934.
  4. (PDF) SPACECRAFT SCOREBOARD 1968 Part 1 continued. 25 de xullo de 1968. pp. 148. FLIGHT International. http://www.flightglobal.com/pdfarchive/view/1968/1968%20-%201368.html.
  5. (PDF) SIX MORE COSMOS LAUNCHINGS. 9 de maio de 1968. pp. 721. FLIGHT International. http://www.flightglobal.com/pdfarchive/view/1968/1968%20-%200753.html.
  6. "Kosmos 215" (en inglés). 2010. http://claudelafleur.qc.ca/Spacecrafts-1968.html#Kosmos-215. Consultado o 20 de agosto de 2012.
  7. 7,0 7,1 "DS-U1-A" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/ds-u1-a.htm. Consultado o 20 de agosto de 2012.
  8. 8,0 8,1 (PDF) Russ Ship Bore Telescopes in Space. 10 de xuño de 1968. pp. 7. The Spokesman-Review. http://news.google.com/newspapers?nid=1314&dat=19680610&id=eacRAAAAIBAJ&sjid=f-kDAAAAIBAJ&pg=7586,3524937.
  9. 9,0 9,1 9,2 "DS-U1-A" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/craft/dsu1a.htm. Consultado o 20 de agosto de 2012.
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 "2 Deepening our understanding". Russian Space Probes: Scientific Discoveries and Future Missions. Springer. 2011. pp. 84. 978-1-4419-8149-3.
  11. (PDF) La U. R. S. S. ha puesto en órbita el «Cosmos 215». 20 de abril de 1968. pp. 23. LA VANGUARDIA ESPAÑOLA. http://hemeroteca.lavanguardia.es/preview/1968/04/20/pagina-23/34317482/pdf.html.
  12. (PDF) Russia Launches Satellite. 20 de abril de 1968. pp. 4. The Virgin Islands Daily News. http://news.google.com/newspapers?nid=757&dat=19680420&id=xOoJAAAAIBAJ&sjid=n0QDAAAAIBAJ&pg=3661,3203026.
  13. (PDF) NOTICIAS DE TODO EL MUNDO. 20 de abril de 1968. pp. 71. ABC. http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/madrid/abc/1968/04/20/071.html.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]