Kosmos 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Véxase tamén: Kosmos 2I.
Kosmos 2
Tipo Observación terrestre / demostrador tecnolóxico.
Destino actual Reentrado na atmosfera.
Data de lanzamento 6 de abril de 1962[1][2][3]
Foguete portador Kosmos[2][4]
Sitio de lanzamento Kapustin Yar[2]
Obxectivo da misión Estudio da ionosfera terrestre.[2]
Decaemento 23 de agosto de 1963
NSSDC ID 1962-009A
Masa 285 kg[2][5]

Kosmos 2 (Космос 2 en ruso), tamén denominado 1MS N°1 e mencionado ocasionalmente como Sputnik 12 en occidente, foi un satélite artificial soviético lanzado o 6 de abril de 1962 mediante un foguete Kosmos desde Kapustin Yar.[2][4]

Características[editar | editar a fonte]

Kosmos 2 foi o primeiro satélite da serie 1MS (de dous que voaron)[6] e o segundo do sistema de designación Kosmos. Foi inxectado nunha órbita inicial de 1545 km de apoxeo e 211,6 km de perixeo, cunha incinación orbital de 49 graos.[7][3]

O satélite pesaba 285 kg[2][5] e segundo a propia Unión Soviética, levaba a bordo a mesma instrumentación que Kosmos 1. Foi deseñado para estudar a ionosfera da Terra[2][5] e levar a cabo estudos sobre radiotransmisión, sobre os cinturóns de radiación, o campo magnético terrestre, a formación e distribución da cuberta nubosa e probar novas tecnoloxías no espazo.[7] Reentrou na atmosfera o 23 de agosto de 1963.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "COSMOS 2 (SPUTNIK 12)" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=269. Consultado o 5 de xaneiro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 "Cosmos 2" (en inglés). 4 de novembro de 2011. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1962-009A. Consultado o 5 de xaneiro de 2012. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 21 April 1962 from the Acting Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (62-09254T): 2. 24 de abril de 1962. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=1107. 
  4. 4,0 4,1 "1MS" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/1ms.htm. Consultado o 5 de xaneiro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "1MS" (en inglés). 2011. http://astronautix.com/craft/1ms.htm. Consultado o 5 de xaneiro de 2012. 
  6. "Kosmos 2" (en inglés). 2011. http://claudelafleur.qc.ca/Spacecrafts-1962.html#Kosmos-2. Consultado o 5 de xaneiro de 2012. 
  7. 7,0 7,1 "ASTRONAUTICAL AND AERONAUTICAL EVENTS OF 1962" (PDF). REPORT OF THE NATIONAL AERONAUTICS AND SPACE ADMINISTRATION TO THE COMMITTEE ON SCIENCE AND ASTRONAUTICS U.S. HOUSE OF REPRESENTATIVES EIGHTY-EIGHTH - CONGRESS FIRST - SESSION: 48. 12 de xuño de 1963. http://history.nasa.gov/AAchronologies/1962.pdf.