Kosmos 163

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kosmos 163
Tipo Científico
Destino actual Reentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento 5 de xuño de 1967, 05:03 GMT[1][2][3][4]
Foguete portador Kosmos 2I[2][5]
Sitio de lanzamento Kapustin Yar[2]
Obxectivo da misión Estudo da presenza e distribución dos micrometeoroides na órbita terrestre e realización de observacións astronómicas no rango da radiación gamma.[2][6]
Decaemento 11 de outubro de 1967[1]
NSSDC ID 1967-056A
Masa 357 kg[7][2]

Kosmos 163 (Космос 163 en ruso), tamén denominado DS-U2-MP Nº 2, foi un satélite artificial soviético lanzado o 5 de xuño de 1967 mediante un foguete Kosmos 2I desde a base de Kapustin Yar.[2][5][6][8]

Características[editar | editar a fonte]

Kosmos 163 foi o segundo e último membro do modelo de satélites DS-U2-MP. Estaba adicado a facer observacións científicas relacionadas coa presenza de micrometeoroides na órbita terrestre e a facer observacións astronómicas no rango da radiación gamma. Foi precedido polo Kosmos 135. Kosmos 163 foi inxectado nunha órbita inicial de 286 km de apoxeo e 201 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 51,8 graos e un período de 93,1 minutos. Reentrou na atmosfera o 11 de outubro de 1967.[7][3][1]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

Kosmos 163 levaba a bordo, entre outros instrumentos, un espectrómetro centeleador de raios gamma de 64 canais composto por un cristal detector de 40 x 40 mm de ioduro de sodio completamente envolto por unha capa plástica de 5 mm de espesor para protexelo das partículas cargadas. O cristal estaba apuntado a un tubo fotomultiplicador e podía observar no rango entre 0,3 a 3,7 MeV. O conxunto detector estaba situado a 3 metros do corpo da nave. Os espectros gamma tomábanse cada 10 minutos.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "COSMOS 163" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=2832. Consultado o 4 de novembro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Cosmos 163" (en inglés). 14 de maio de 2012. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1967-056A. Consultado o 4 de novembro de 2012. 
  3. 3,0 3,1 (PDF) Letter dated 23 June 1967 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space. 10 de xullo de 1967. pp. 3. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=956. 
  4. "Kosmos 163" (en inglés). 2010. http://claudelafleur.qc.ca/Spacecrafts-1967.html#Kosmos-163. Consultado o 4 de novembro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 "DS-U2-MP" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/ds-u2-mp.htm. Consultado o 4 de novembro de 2012. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "The Cosmos series" (en inglés). NASA. 2012. http://heasarc.gsfc.nasa.gov/docs/heasarc/missions/cosmos.html. Consultado o 4 de novembro de 2012. 
  7. 7,0 7,1 "DS-U2-MP" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/craft/dsu2mp.htm. Consultado o 4 de novembro de 2012. 
  8. (PDF) SPACECRAFT SCOREBOARD 1967 (Part 1 continued). 27 de xullo de 1967. pp. 150. FLIGHT International. http://www.flightglobal.com/pdfarchive/view/1967/1967%20-%201544.html. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]