Kosmos 135
|
|
|
|---|---|
| Tipo | Científico |
| Fabricante | |
| Data de lanzamento | 12 de decembro de 1966, 20:38 GMT[1][2][3][4] |
| Foguete portador | Kosmos 2I[2][5] |
| Sitio de lanzamento | Kapustin Yar[2] |
| Obxectivo da misión | Estudo da presenza e distribución dos micrometeoroides na órbita terrestre e realización de observacións astronómicas no rango da radiación gamma.[2][6] |
| Decaemento | 12 de abril de 1967[1] |
| NSSDC ID | 1966-112A |
| Masa | 355 kg[7][2] |
Kosmos 135 (Космос 135 en ruso), tamén denominado DS-U2-MP Nº 1, foi un satélite artificial soviético lanzado o 12 de decembro de 1966 mediante un foguete Kosmos 2I desde a base de Kapustin Yar.[2][5][6]
Índice |
Características [editar]
Kosmos 135 foi o primeiro membro do modelo de satélites DS-U2-MP. Estaba adicado a facer observacións científicas relacionadas coa presenza de micrometeoroides na órbita terrestre e a facer observacións astronómicas no rango da radiación gamma. Foi seguido polo Kosmos 163. Kosmos 135 foi inxectado nunha órbita inicial de 662 km de apoxeo e 259 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,5 graos e un período de 93,6 minutos. Reentrou na atmosfera o 12 de abril de 1967.[7][3][1]
Kosmos 135 descartou a existencia dunha nube de po cósmico rodeando a Terra, hipotizada antes do seu lanzamento.[8]
Instrumentos [editar]
Kosmos 135 levaba a bordo, entre outros instrumentos, un espectrómetro centeleador de raios gamma de 64 canais composto por un cristal detector de 40 x 40 mm de ioduro de sodio completamente envolto por unha capa plástica de 5 mm de espesor para protexelo das partículas cargadas. O cristal estaba apuntado a un tubo fotomultiplicador e podía observar no rango entre 0,4 a 2,4 MeV. O conxunto detector estaba situado a 0,5 metros do corpo da nave. Os espectros gamma tomábanse cada 10 minutos.[6]
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "COSMOS 135" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=2612. Consultado o 4 de novembro de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Cosmos 135" (en inglés). 14 de maio de 2012. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1966-112A. Consultado o 4 de novembro de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 (PDF) Letter dated 5 January 1967 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space. 9 de xaneiro de 1967. pp. 2. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=972.
- ↑ "Kosmos 135" (en inglés). 2010. http://claudelafleur.qc.ca/Spacecrafts-1966.html#Kosmos-135. Consultado o 4 de novembro de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 "DS-U2-MP" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/ds-u2-mp.htm. Consultado o 4 de novembro de 2012.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 "The Cosmos series" (en inglés). NASA. 2012. http://heasarc.gsfc.nasa.gov/docs/heasarc/missions/cosmos.html. Consultado o 4 de novembro de 2012.
- ↑ 7,0 7,1 "DS-U2-MP" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/craft/dsu2mp.htm. Consultado o 4 de novembro de 2012.
- ↑ (PDF) COSMOS 135 FINDING. 18 de xaneiro de 1968. pp. 102. FLIGHT International. http://www.flightglobal.com/pdfarchive/view/1968/1968%20-%200100.html.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Konstantinov, B. P.; Aptekar', R. L.; Bredov, M. M.; Golenetskij, S. V.; Gur'yan, Yu. A.; Il'Inskij, V. N.; Masets, E. P.; Panov, V. N.. "Investigation of gamma -radiation on Cosmos 135 in connection with possible antimatter composition of meteors.". Izv. Akad. Nauk SSSR 33: 1820-1826. http://adsabs.harvard.edu/abs/1969IzSSR..33.1820K.
- Konstantinov, B. P.; Bredov, M. M.; Mazets, E. P.; Panov, V. N.; Aptekar', R. L.; Golenetskii, S. V.; Gur'yan, Yu. A.; Il'Inskii, V. N.. "Micrometeoroid Investigations on the Satellite "Cosmos-135"". Cosmic Research 6: 622. http://adsabs.harvard.edu/abs/1968CosRe...6..622K.