Kosmos 106

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kosmos 106
Tipo Militar
Destino actual Reentrado na atmosfera.
Data de lanzamento 25 de xaneiro de 1966, 12:28 GMT[1][2][3]
Foguete portador Kosmos 2I[2][4]
Sitio de lanzamento Kapustin Yar[2]
Obxectivo da misión Servir de obxectivo para os radares militares terrestres.[2]
Decaemento 14 de novembro de 1966[1]
NSSDC ID 1966-004A
Masa 325 kg[5]

Kosmos 106 (Космос 106 en ruso), tamén denominado DS-P1-I Nº 1, foi un satélite artificial soviético lanzado o 25 de xaneiro de 1966 mediante un foguete Kosmos 2I desde Kapustin Yar.[2][4]

Características[editar | editar a fonte]

Kosmos 106 foi o primeiro membro da serie de satélites DS-P1-I, adicados a servir como obxectivos dos radares militares terrestres para a súa calibración. Foi o único satélite DS-P1-I lanzado por un foguete Kosmos 2M e foi inxectado nunha órbita inicial de 564 km de apoxeo e 290 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,4 graos e un período de 92,8 minutos.[5][3]

Kosmos 106 reentrou na atmosfera o 14 de novembro de 1966.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "COSMOS 106" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=1949. Consultado o 29 de xullo de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Cosmos 106" (en inglés). 14 de maio de 2012. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1966-004A. Consultado o 29 de xullo de 2012. 
  3. 3,0 3,1 (PDF) Letter dated 8 February 1966 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space. 10 de febreiro de 1966. pp. 2. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=994. 
  4. 4,0 4,1 "DS-P1-I (11F620)" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/ds-p1-i.htm. Consultado o 29 de xullo de 2012. 
  5. 5,0 5,1 "DS-P1-I" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/craft/dsp1i.htm. Consultado o 29 de xullo de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]