Kosmos 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Véxase tamén: Kosmos 1 (foguete).
Kosmos 1
TipoObservación terrestre / demostrador tecnolóxico.
FabricanteOKB-586
Destino actualReentrado na atmosfera.
Data de lanzamento16 de marzo de 1962[1][2]
Foguete portadorKosmos[2][3]
Sitio de lanzamentoKapustin Yar[2]
Obxectivo da misiónEstudo da ionosfera terrestre.[2]
Decaemento23 de maio de 1962
NSSDC ID1962-008A
Masa315 kg[2][4]

Kosmos 1 (Космос 1 en ruso), tamén denominado DS-2 N°1 e mencionado ocasionalmente como Sputnik 11, foi un satélite artificial soviético lanzado o 16 de marzo de 1962 mediante un foguete Kosmos desde Kapustin Yar.[2][3]

Características[editar | editar a fonte]

Kosmos 1 foi o primeiro satélite da serie DS-2[5] e o primeiro do sistema de designación Kosmos. Foi inxectado nunha órbita inicial de 977 km de apoxeo e 216 km de perixeo, cunha incinación orbital de 49 graos.[6]

O satélite pesaba 315 kg[2][4] e foi deseñado para estudar a ionosfera da Terra[2][4] e levar a cabo medicións de impactos de micrometeoritos, da radiación solar de baixa enerxía, dos cintos de radiación, dos raios cósmicos, do campo magnético terrestre e dos patróns de nube.[6]

Kosmos 1 reentrou na atmosfera o 23 de maio de 1962.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 1 (SPUTNIK 11)" (en inglés). Consultado o 3 de xaneiro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (4 de novembro de 2011). "Cosmos 1" (en inglés). Consultado o 3 de xaneiro de 2012. 
  3. 3,0 3,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "DS-2" (en inglés). Consultado o 3 de xaneiro de 2012. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Mark Wade (2011). "DS-2" (en inglés). Consultado o 3 de xaneiro de 2012. 
  5. Claude Lafleur (2011). "Kosmos 1" (en inglés). Consultado o 3 de xaneiro de 2012. 
  6. 6,0 6,1 "ASTRONAUTICAL AND AERONAUTICAL EVENTS OF 1962" (PDF). REPORT OF THE NATIONAL AERONAUTICS AND SPACE ADMINISTRATION TO THE COMMITTEE ON SCIENCE AND ASTRONAUTICS U.S. HOUSE OF REPRESENTATIVES EIGHTY-EIGHTH - CONGRESS FIRST - SESSION: 36. 12 de xuño de 1963. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de xaneiro de 2012. Consultado o 03 de xaneiro de 2012.