Koper

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Koper
Localización de Koper na Eslovenia

Koper (Capodistria, en italiano; Kopar, en croata; Gafers, en alemán) é unha cidade de Eslovenia, sita no litoral norte da península de Istria, que contaba no ano 2006 con 24.704. O distrito de 311,2 km2. tiña 49.206 habitantes no 2004. É unha cidade bilingüe, en esloveno e italiano.

Está dotada do único porto comercial do país. A súa distancia a Trieste, capital italiana de Friuli-Venecia é tan só dunha trintena de quilómetros.

Historia breve[editar | editar a fonte]

Como gran parte de Istria, pertenceu á República de Venecia entre 1229 e 1797, en que pasaría a ser incorporada ao Imperio napoleónico. Acabadas as guerras napoleónicas, pasou a formar parte do Imperio Austrohúngaro, até a Paz de París que selou a derrota dos imperios centrais na Primeira Guerra Mundial, en 1919. Pasou logo a mans de Italia, que a conservou até 1945. Despois desta data, como o resto de Eslovenia formou parte da República de Iugoslavia, até a independencia de aquela.

Monumentos[editar | editar a fonte]

  • Pazo Pretorio, de estilo gótico veneciano.
  • Catedral de san Nazario, dos séculos XV-XVI.
  • Pazo con Loggia renacentista.

Galería fotográfica[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]