Konstantin Batiushkov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Konstantin Batyushkov

Konstantin Nikolaievich Batiushkov, nado en Vologda en 1787 e finado en 1855, foi un escritor ruso, precursor de Alexander Pushkin.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Educouse na casa do seu tío, o poeta Mikhail Muraviov, xa dende novo quedou fascinado pola lingua italiana e pretendeu italianizar a poesía rusa, sobre todo con formas tomadas de Petrarca e Ludovico Ariosto. Os seus máis importantes poemas escribiunos entre 1809 e 1813 e quedaron recollidos nun volume que se publicou en 1817 co título de Opyty.
Arredor de 1823 perdeu a razón e durante o período da súa enfermidade mental seguiu versificando, pero aínda que os seus poemas son impecables metricamente, carecen de sentido.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Konstantin Batiushkov