Kom

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kom é unha palabra árabe procedente do termo copto hwm (que significa poboado) e que se refire a montículos que resultan da acumulación das ruínas de antigos asentamentos. O seu significado é similar ao da palabra árabe tell (elevación, outeiro) pese a que este é máis idóneo para se referir a xacementos do próximo oriente asiático.

De aí Kom Ombo ou Tell Atrib.