Kolguev
| Kolgüev | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| [[Ficheiro:|330px|]] | |
| Datos | |
| Capital | Bugrino |
| País | Rusia |
| Localización | Océano Ártico |
| Arquipélago | |
| Linguas | |
| Poboación (2010) | 200 hab. |
| Superficie | 4.968 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 69°01′N 49°22′E / 69.017°N 49.367°ECoordenadas: 69°01′N 49°22′E / 69.017°N 49.367°E |
| Maior Altura | 166 m. Gora Paarkov-Sarlopy |
| Localización | |
Illa Kolgüev (En ruso: Колгуев, transliteración: kol-gu-ev, nótese a diérese no nome) é unha illa no Okrug Autónomo de Nenets, Rusia, localizada no sueste do Mar de Barents, ó leste do Mar de Pechora, e cara ó nordés da Península de Kanin. A illa é aproximadamente circular e ten un diámetro de 80 km e uns 4.968 km² de superficie. O punto máis alto da illa ten 50 m[1] de altura. A maioría da superficie consiste en varios pantanos e outeiros feitos de morrena cubertos da vexetación característica da tundra.
Hai un só punto habitado na illa, Bugrino, na costa do sueste con 200 habitantes. Os Nenets forman a maioría da poboación, sendo a as súas actividades principais a pesca, as granxas de renos e como cazadores trampeiros. Tamén hai petróleo e gas.[2]
Índice |
Informe de Trevor-Battye [editar]
A illa foi explorada no ano 1894 polo naturista Británico Aubyn B.R. Trevor-Battye. Desembarcou en xuño cun axudante, coa intención de quedar sobre un mes estudando a vida salvaxe da illa, especialmente os paxaros. Debido a problemas mecánicos co barco e a un malentendido, foron deixados na illa unhas 12 semanas. Publicou o seu estudo da historia natural e topografía de Koguev co título: "Ice-bound on Kolguev" (Atrapado polo xeo en Kolguev). (Trevor-Battye 1895). O libro inclúe observacións sobre o pobo dos Nenets (os cales él chamou Samoiedos) que levaban os seus renos á illa para pastar durante o verán e para cazar gansos e comerciar con eles na Rusia. Parece ser que Trevor-Battye deixou a illa con estes pastores de renos en setembro de 1894, e viaxou unhas 1.000 millas por terra dende o Río Pechora ata Arkangel. Describiu esta aventura no libro: "A northern highway of the Tsar" (Trevor-Battye 1898) (Unha autoestrada do norte do Tsar).
Curiosidades [editar]
O nome da illa, Kolgujev, foi usado no xogo de 2001 "Operation Flashpoint: Cold War Crisis". A illa amosada no xogo aseméllase pouco á real xa que a forma da mesma foi tomada da illa de Tenerife.
Notas [editar]
- ↑ 75m segundo a páxina rusa
- ↑ "Internet Geology News Letter No. 16". 1999. http://geocities.com/internetgeology/Kolguyev.html. Consultado o October 25.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Xeral
- Trevor-Battye, Aubyn. (1895). Ice-bound on Kolguev, Constable, London, 1895.
- Trevor-Battye, Aubyn. (1898). A Northern Highway of The Tsar, Constable, London, 1898.