Knut Nærum
| Knut Nærum | |
|---|---|
| Nacemento | 3 de marzo de 1961 |
| Profesión | Actor, cómico, autor |
| Ficha na IMDb | |
Knut Nærum, nado o 3 de marzo de 1961, é un actor, cómico, autor de banda deseñada e presentador de televisión noruegués. É coñecido por ser un dos participantes permanentes no programa de televisión Nytt på nytt e por aparecer no filme Trolljegeren. Vive na cidade de Oslo.
Nærum escribiu numerosos libros, incluíndo Å (2000), Norsk litteraturhistorie, fritt etter hukommelsen (2001), Døde menn går på ski (2002), Krig! (2003), En himmel full av stjerner (2004), Madonna-gåten (2005, xunto con Elisabeth Botterli e Peder Udnæs), Monster (2007) e De dødes båt (2008). Tamén é o creador da tira cómica Bloid.
É membro do partido político de esquerdas Rødt (Traducido como "vermello"), e quedou como candidato menor da desaparecida Alianza Electoral Vermella.[1]
Notas [editar]
- ↑ Statistics Norway (2005). "Storting Election 2005. Official electoral lists, by county". Storting Election 2005. Arquivado do orixinal o 2007-07-02. http://web.archive.org/web/20070702052017/http://www.ssb.no/emner/00/01/10/stortingsvalg/tab-2005-10-27-18.html. Consultado o 2007-04-17.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)