Knuckless

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Knuckles The Echidna (en xaponés: ナックルズ・ザ・エキドゥナ Nakkurusu Za Ekiduna) é un personaxe da saga de videoxogos, banda deseñada e televisión Sonic the Hedgehog. Algúns dos seus alcumes son "Knuckie", "Rad Red", "Knux" e "Knucklehead". O seu creador é o xaponés Takashi Thomas Yuda.

Knuckles é un equidna vermello de 17 anos que posúe longas e afiadas pugas que se asemellan a dreadlocks (rastas).

Dous dos seus coitelos (en inglés knuckles, de aí o seu nome) son en realidade pinchos afiados. Amais, o seu nome deixa constancia da súa ascendencia: o clan Knuckles Warrior. É un dos personaxes máis fortes da saga de Sonic (dise que é tan forte coma Sonic e igual de rápido). Tamén dispón da habelencia de planear atrapando o ar baixo os seus dreadlocks, aínda que na versión xaponesa da serie, non planea, senón que voa utilizando a súa enerxía (ki) para se propulsar (ó igual que moitos heroes dos mitos e lendas orientais). É experto en gran variedade de artes marciais.

Personaxe[editar | editar a fonte]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Knuckles vive en Angel Island, tamén chamada Illa Flotante, por flutuar no ceo grazas ó poder da Master Emerald, que se encarga de coidar. É o último supervivente dunha poboación de "equidnas" que morou algunha vez na illa (aínda que se sabe que hai máis "equidnas" noutras partes do planeta Mobius). Knuckles é o Gardián da Master Emerald (Esmeralda Mestra, Esmeralda Principal, Grande Esmeralda ou Esmeralda Nai), destino que pasou na súa familia durante xeracións. Os Gardiáns existen para que a Master Emerald non caia en mans equivocadas, xa que, se iso suceder, o mundo estaría en perigo. Isto significa que os Gardiáns, en certa forma, existen para manteren a harmonía do Universo.

Knuckles apareceu por primeira vez no xogo Sonic the Hedgehog 3 para Sega Megadrive, onde cría que Sonic e Tails intentaban roubar a Master Emerald e que o Doutor Robotnik intentaba evitalo. Robotnik, por suposto, mentíralle e planeaba usar a xoia para impulsar a súa estación espacial, O Death Egg. En Hidden Palace Zone (no xogo Sonic & Knuckles) foille revelada a traizón de Robotnik de xeito brusco: cunha electrocución. Uniuse entón a Sonic e Tails para tentar deter a Robotnik.

Knuckles foi daquela un amigo, e ás veces rival de Sonic e Tails, compartindo moitas das súas aventuras, sendo enganado por Robotnik, e chamando a atención dunha morcega branca chamada Rouge, que intenta roubarlle tamén a Master Emerald (Sonic Adventure 2).

Á parte de aparecer nas principais series de Sonic, Knuckles figurou de xeito prominente en Knuckles' Chaotix, un xogo para Sega 32X afastado da serie e case descoñecido. No xogo apareceron tamén os Chaotix, un cómico grupo de inadaptados. O equipo Chaotix está formado por catro integrantes: Vector The Cocodrile o líder do equipo, Espio The Chameleon,un rapaz con habilidades ninjas, Charmy Bee unha abelliña moi simpática que a miúdo se mete en moitas leas e un integrante que non é moi coñecido: Mighty The Armadillo.

Personalidade[editar | editar a fonte]

Knuckles é independente, leal, un pouco testán, e a miúdo algo inxenuo. É un sabio guerreiro ermitán que vive en paz co universo, pero debido a que é moi solitario adoita ter mal carácter. Non ten moito sentido do humor e anóxase con facilidade, pero sempre se pode contar con el á hora de salvar o planeta Mobius. Nun principio, Knuckles era o personaxe "escuro" da saga: un rival directo de Sonic con poderes ocultos, un pasado misterioso, e unha personalidade fría. Despois, pasouse ó bando dos bos, e seguiu coa súa misteriosa e poderosa personalidade, pero agora como un loitador ermitán, e non como o ser "escuro" que era. Ese rol de personaxe sombrío foi ocupado por Shadow The Hedgehog. A personalidade de Knuckles varía, dependendo das diferentes versións:

  • Nos videoxogos de Sega é extremadamente teimudo e posúe un gran sentido do deber, malia que marcha con Sonic e salvan o mundo moito máis a miúdo ca nas historias das series de TV. Na biografía de Sonic Jam dise que é tímido, o cal non está baseado nos videoxogos máis recentes, pero pódese xustificar polo modo estraño que ten de actuar cando está preto de rapazas como Amy Rose, Blaze the Cat, e, especialmente, Rouge the Bat así que digamos que non é bo falando coas mulleres.
  • Na película de anime Sonic The Hedgehog: The Movie, é un buscador de tesouros (quizais porque non hai Chaos Emeralds na historia), descoidado e en ocasións algo inxenuo. Disque é o mellor amigo de Sonic, pero aínda así é máis serio e coñece as súas prioridades na vida (o deber de Knuckles é protexer a Master Emerald).
  • Nos cómics americanos de Archie, é o devoto Gardián da Grande Esmeralda, e a pesar de que adoita enfadarse con frecuencia, quizais é máis falangueiro e sarcástico, xa que non é tan solitario ou inxenuo como noutras aparicións. Aínda así, segue sendo fácil de enganar, só que non tanto como nos videoxogos.
  • Nos cómics ingleses de Fleetway e nos mangas xaponeses de RP e Shogakukan, Knuckles dedícase con máis fervor ó seu deber como Gardián, case como unha obsesión. Parécelle que o ego de Sonic é algo odioso, e é extremadamente solitario. É máis fácil enfurecelo, custa máis confiar nel e é menos inxenuo do habitual. Non só custodia a Grande Esmeralda, senón tamén as Esmeraldas do Caos.
  • Na serie de anime Sonic X, Knuckles alporízase con moita facilidade, pero é algo menos testán que noutras aparicións, e tende a ceder nas situacións nas que outros se confabulan contra el. É probablemente o máis inxenuo de tódalas versións, quizais debido á temática cómica presente en Sonic X. Concéntrase menos no seu deber como Gardián, pero na primeira tempada da serie, onde non aparecía ningunha Master Emerald que protexer, estaba ansioso por reunilas Esmeraldas do Caos para regresar a Angel Island e poder cumprir coa súa labor de coidar a Esmeralda Principal.

En xeral, Knuckles é sabio, humilde, pacífico, solitario e hábil nas artes marciais coma un monxe Shaolin ou un guerreiro de Wudang, pero é tímido e de mal carácter.

Habelencias[editar | editar a fonte]

O Gardián da Master Emerald posúe varias habelencias de seu que o fan o personaxe máis forte da serie:

  • Spin Dash: Ao igual que Sonic, Knuckles pode xirar no chan, rapidamente sobre si mesmo, e así tomar impulso para saír rodando a toda velocidade, o que lle permite non só avanzar a 1000 Km/h, senón tamén destruír obstáculos e bater inimigos que poidan estar ó seu paso.
  • Voo: Knuckles ten a habilidade de voar ou planear, segundo as diferentes versións. Nos cómics americanos non voa, senón que planea atrapando ar baixo coas longas pugas da súa cabeza; en troques, nos mangas xaponeses, non necesita facer iso xa que ten a capacidade de voar ó ser propulsado pola súa enerxía vital (Ki), que tamén lle permite manterse quedo, suspendido no ar (o voo é o que lle permite abandonar e volver a Angel Island cando esta está a flotar no ceo).
  • Escalar: Grazas ós dous cotobelos aguzados de cada unha das súas luvas, Knuckles pode escalar toda clase de muros con moita facilidade. Só necesita cravar os esporóns dos seus puños nas superficies dos muros, e axudarse cos pés para gabear sobre estes.
  • Nado: Knuckles é un bo nadador, capaz de se mover rapidamente baixo a auga e conter a respiración por longos períodos de tempo. Esta habelencia élle moi útil, xa que unha das súas principais fontes de alimento son os peixes, os cales debe atrapar coas súas mans nos ríos e lagoas de Angel Island.
  • Artes Marciais: Tódolos Gardiáns son expertos nas artes marciais, xa que as necesitan para protexeren a Master Emerald (e para se protexeren eles mesmos). Knuckles posúe unha forza descomunal, capaz de destruír a rocha sólida cos seus puños pelados e soportar un shock eléctrico de tres millóns de voltios, saíndo practicamente ileso. Por ser un guerreiro, só emprega técnicas avanzadas de ataque cando se enfronta a un opoñente que tamén coñece as artes marciais (como Rouge The Bat). En cambio, se se enfronta a alguén que non é un loitador (coma Sonic The Hedgehog) só se defende con simples puñadas e patadas, ou ben, con técnicas comúns coma o Spin Dash (algunhas técnicas coma o Comet Punch, o Tornado Claw, o Spiral Upper e mailo Maximum Heat Attack, utilízaas contra calquera clase de opoñente).
  • Técnicas de Enerxía: Tódolos Gardiáns, e mailos guerreiros fortes, aprenden a utilizaren a súa enerxía durante o adestramento das Artes Marciais. Knuckles, que non é a excepción, pode empregar o seu Ki non só para sandar, senón tamén para pelexar. As súas principais técnicas de ataque son: Knuckles' Blasts (bólas de enerxía que expulsa dos seus puños), Genki Beam (un enorme raio de enerxía que bota da palma da súa man), Hadoken (a técnica de Ki máis popular da mitoloxía xaponesa), Dragon's Rage (un enorme feixe de Ki que se guinda coas palmas de ambas as dúas mans xuntas),ReiKi Dama (xeralmente, utilizada só cando se transforma en Mega Knuckles). A maioría das técnicas de Enerxía de Knuckles só foron vistas nos manga xaponeses (xeralmente, nos cómics americanos só fan uso das súas técnicas físicas).

Habelencia de cada xogo[editar | editar a fonte]

Sonic & Knuckles
  • Spin Dash: Knuckles enrólase en forma de bóla e vira velozmente sobre si mesmo, o que lle permite tomar impulso para ir a toda velocidade.
  • Glide: Knuckles é quen de sobrevoar o escenario, para se apoiar logo a algunha parte do decorado.
  • Climb: Tras voar, após ter aterrado nun muro, Knuckles pode subir ou baixar a través del se o xogador preme os botóns direccionais de "arriba" e "abaixo".
Sonic Adventure
  • Spin attack: Ao premer o botón "X" mentres Knuckles corre, el enrólase en bóla permitíndolle acabar con algúns inimigos.
  • Punch: Ó premer o botón "X", Knuckles dará unha puñada.
  • Comet Punch: Ao premer o botón "X" tres veces seguidas, Knuckles dará dúas puñadas comúns, e unha terceira moito máis potente (avanzando contra o inimigo).
  • Glide: Semellante ós xogos anteriores.
  • Climb: Semellante ós xogos anteriores.
  • Dig: Se se teñen as "Shovel Claws", Knuckles poderá utilizalas para cavar en solos brandos. Para isto, o xogador debe premer os botóns "X" e "A" simultaneamente, mentres o equidna se acha parado no lugar onde se quere escavar.
  • Maximun Heat Attack: Knuckles voa cos puños en posición de ataque, e diríxese a través dunha fileira de Badniks inimigos, podendo acabar con todos eles.
Sonic Adventure 2
  • Glide: Semellante ós xogos anteriores.
  • Climb: Semellante ós xogos anteriores.
  • Punch: Semellante ós xogos anteriores.
  • Uppercut: Ó premer o botón "B" tres veces seguidas, Knuckles dará dúas puñadas comúns, e unha terceira que non se dirixirá cara a adiante, senón cara a arriba.
  • Spiral Upper: Mentres Knuckles dá volta en círculos sobre un mesmo lugar, débese premer o botón "B". Isto fará que o equidna chimpe virando en espiral, cos seus puños en posición de ataque.
  • Dig: Semellante ós xogos anteriores, mais coa adición de poder ser executado sobre os muros onde Knuckles aganchou (neste xogo execútase simplemente co botón "B").
  • Tornado Claw: Ó premer o botón "B" repetidas veces mentres Knuckles corre, el comeza a dar puñadas e acaba por se lanzar paralelo ó chan cos seus dous puños en posición de ataque, mentres vira de lado sobre si mesmo.
  • Drill Claw: Se o xogador preme o botón "B" mentres Knuckles está voando, este descenderá virando en espiral, coas súas garras apuntando cara ó chan. (Se se teñen as "Shovel Claws", Knuckles poderá cavar ó aterrar).
  • Mystic Melody:Unha técnica que fai que ocorra algo especial nalgúns sitios específicos.
  • Thunder Arrow: Ó coleccionar 40 aneis no modo "Versus", Knuckles pode golpear o seu opoñente lanzándolle un raio, quitándolle puntos de vida.
  • Power Flash: Ó coleccionar 60 aneis no modo "Versus", Knuckles pode inmobilizar o rival durante 10 ou 20 segundos.
Sonic Heroes
  • Fire Dunk: Knuckles usa a Sonic e Tails como bólas de lume para destruír os seus inimigos.
  • Wide Power Attack: Knuckles pode atacar a tódolos inimigos achegados dunha soa vez. Dependendo do seu nivel, pode dar dende unha puñada na terra até facer que, tras esa puñada, saian explosións volcánicas.
Sonic Riders

Knuckles, ó ser un personaxe de tipo forza, é quen de romper certos obstáculos. Dependendo do nivel que estea, Knuckles pode atordar ós seus rivais durante diversos períodos de tempo se ten activado o turbo, quitándolles amais os aneis.

Transformacións[editar | editar a fonte]

Des que Knuckles apareceu como personaxe da saga Sonic, os seus creadores realizaron diferentes versións das súas transformacións.

  • Super Knuckles: Cando saíu á venda o xogo Sonic & Knuckles, moitos fanáticos do equidna vermello estaban ansiosos por utilizaren a este personaxe e facelo recolectar as 7 Chaos Emeralds, para ollaren como se transformaba e adquiría as habelencias do xa coñecido Super Sonic. Isto resultou ser unha gran decepción para moitos, xa que Super Knuckles non se transformaba igual que o facía Super Sonic; as súas pugas non se encrechaban nin cambiaban a súa cor a amarelo brillante, a súa capacidade de salto non aumentaba, e o que é peor, a súa velocidade apenas se acrecentaba (só era máis rápido no voo e na escalada de paredes). A transformación de Super Knuckles consiste nun esplendor intermitente das súas pugas de cor vermella: o personaxe cambia gradualmente da súa cor vermella, ó laranxa brillante, rosa brillante, e branco brillante, repetindo ese mesmo ciclo de forma inversa. A veloz transición dos cadros vermello-laranxa-rosa-branco-rosa-laranxa-vermello repetidos en forma infinita, dan a sensación de que as pugas vermellas de Knuckles posúen unha serie de esplendores intermitentes (amais, cando Super Knuckles corre deixa un curto rastro de "estrelas/faíscas" brillantes). O único bo desta pseudo-transformación é a invencibilidade. Super Knuckles tamén aparece en Sonic Heroes, esta vez cunha aura brillante que rodea o seu corpo.
  • Hyper Knuckles: No xogo Sonic 3 & Knuckles os realizadores decidiron mellorar a súa transformación, aínda que non fixeron un gran cambio. Cando Knuckles consegue as 7 Super Emeralds (son as sete esmeraldas, mais potenciadas pola Master Emerald) transfórmase en Hyper Knuckles, que tampouco é igual á transformación de Hyper Sonic. Esta transformación é igual a Super Knuckles, pero bardante de que, cando o personaxe corre, non deixa un rastro de faíscas brillantes senón un "reflexo" dobre e semitransparente da súa propia imaxe. O único que fai a Hyper Knuckles máis poderoso que Super Knuckles é a súa capacidade de xerar tremores cando aterra nun muro, após voar. Estes tremores destrúen a tódolos inimigos que se atopan no chan sostido polo devandito muro.
  • Chaos Knuckles: A Transformación máis poderosa que apareceu nunha serie de televisión, cun poder comparable ó de Super Sonic, ou quizabes máis. Na serie americana Sonic Underground, Knuckles transfórmase co poder da Master Emerald, cando isto ocorre, chámase Chaos Knuckles. Esta Transformación non encrecha as pugas do Gardián mais si cambia a súa cor, tornándose verde brillante. Os poderes de Chaos Knuckles van alén da invencibilidade, o aumento de velocidade e as demais habelencias de Hyper Knuckles: esta é a primeira transformación na cal Knuckles fai uso do poder do seu Ki (enerxía vital), lanzando esferas de enerxía cando dá puñadas e patadas, e utilizando o seu Ki para se manter suspendido no ar e para voar.
  • Mega Knuckles: A verdadeira e definitiva transformación de Knuckles é máis poderosa cá de Super Sonic, polo que se supón que é por esta razón que non se incluíu en ningún videoxogo nin en ningunha serie televisiva (xa que desluciría o protagonismo do ourizo azul). No manga orixinal xaponés, Knuckles ten a habelencia de incrementar o seu Ki até un nivel tan elevado que o transforma sen que el necesite empregar ningunha clase de esmeralda (cóntase que tódolos Gardiáns e os máis fortes guerreiros da antigüidade podían facer isto). Cando se transforma, as súas pugas encréchanse e vólvense de cor amarela dourada, os seus ollos tórnanse cor turquesa, e o seu Ki pode verse coma un esplendor ascendente amarello dourado que rodea todo o seu corpo (moi semellante ós Super Saiyans de Dragon Ball Z). Esta transformación chámase Mega Knuckles debido a que o nivel de Ki requirido para a conseguir é coñecido coma "Nivel Mega". Mega Knuckles é moitísimo máis poderoso que Chaos Knuckles, podendo non só voar, flotar no ar e potenciar as súas técnicas de Artes Marciais, senón que tamén as súas técnicas de enerxía son incriblemente máis potentes; pode lanzar Ki a través das palmas das súas mans (Hadokens), e pode utilizar unha técnica moi poderosa (ReiKi Dama) na que reúne a enerxía de todo o que se topa ó seu redor nunha inmensa bóla que sostén sobre as súas mans (igual cá Genki Dama dos Super Saiyans). Na serie de manga de RP (editorial xaponesa), na tira onde se narra a historia de Knuckles cando este xa é adulto, Mega Knuckles utiliza a técnica do ReiKi para sandar a algunhas persoas, entre elas, súa moza.

Relacións[editar | editar a fonte]

Amigos[editar | editar a fonte]

Inimigos[editar | editar a fonte]

Un guerreiro loitador, sabio enemistado coa sociedade posmoderna e protector da Esmeralda máis poderosa do Universo, debe ter, obviamente, moitos inimigos que o estoxan.... Estes son as principais "némesis" do equidna vermello:

  • Sonic the Hedgehog: No xogo Sonic The Hedgehog 3, o Dr. Robotnik engana a Knuckles facéndolle crer que Sonic e Tails querían roubarlle a Master Emerald (cando en realidade era el o que tiña a devandita intención). Debido a isto, o Gardián considerou o ourizo e mailo raposo coma os seus arquirrivais, polo que se uniu ó Dr. Eggman para tratar de os deter. Tras se aclarar o episodio (cando Eggman lle electrocuta e lle rouba a súa prezada xema), desculpouse con Sonic e máis Tails axudándoos a deteren ó malvado Robotnik. Dende entón, Knuckles é un aliado máis do ourizo azul, mais non o considera o seu amigo. De feito, adoita rivalizar con el en diversas oportunidades (especialmente porque é fachendoso e un pouco superficial, e a Knuckles non lle agrada esa clase de xente).
  • Miles "Tails" Prower: No xogo Sonic The Hedgehog 3, Knuckles está posto a mal con Tails porque é o axudante de Sonic, a quen el considera coma o seu ameazante rival. Knuckles tenta deter a Tails ó igual que o fai con Sonic, pero non por cuestións persoais, só polo feito de que el ve ó dúo como un par de ladróns, que queren roubarlle a Master Emerald. A rivalidade entre Tails e máis Knuckles acabou aclarándose após ese episodio. Actualmente, xa non son inimigos, xa que nin sequera se dirixen a palabra, ignorando cada un a existencia do outro case por completo. Porén, a pesar da súa relación distante, eles non teñen ningunha obxección a traballaren xuntiños se a situación o require (case sempre unen as súas forzas para deteren ó Dr. Robotnik/Eggman).
  • Nack the Weasel: Tamén coñecido coma Fang The Sniper, este cazarrecompensas é o inimigo directo número un de Knuckles. Cando apareceu por primeira vez no xogo Sonic The Hedgehog: Triple Trouble da consola portátil Game Gear, Nack era un cazador de recompensas contratado por Robotnik para roubar as Esmeraldas do Caos. Pola súa banda, Knuckles, (que cría que Sonic e mais Tails eran os malos) tamén traballaba para o Dr. Eggman, xa que este lle pedira que o axudara a deter a Sonic, e así o ourizo non podería roubarlle a Grande Esmeralda. No xogo, a historia remata aí, pero nos comics e mais nos mangas o asunto continuaba.... Despois de que Knuckles se pasase ó bando de Sonic, Nack seguiu traballando para Eggman, quen, esta vez, encargáralle roubar a Master Emerald. Foi así como Fang foi considerado coma o arquiinimigo de Knuckles. Nos cómics de Archie, Nack válese das súas habelencias coma francotirador para tentar vencelo (nestes cómics ten un aspecto de "cowboy"), mentres que nos mangas orixinais e os de RP, só dispara as súas armas contra Sonic e Tails, mentres que, con Knuckles, se enfronta en combates de artes marciais (nos mangas, é coñecedor do Ninjutsu). Nack é tan inimigo de Knuckles como Sonic o é de Shadow e máis de Robotnik.
  • Metal Knuckles: Ó igual que con Sonic, o Dr. Ivo Robotnik creou unha imitación mecánica de Knuckles, co fin de poder igualar as súas habelencias. Metal Knuckles é un robot a quen Eggman programou, para vencer en combate a Knuckles, e así poder roubarlle a Master Emerald sen liortas. As principais aparicións de Metal Knuckles foron nos xogos Sonic R da consola Sega Saturn, e Sonic Advance da consola portátil Game Boy Advance. Nestes xogos, Metal Knuckles actúa contra o equidna vermello do mesma xeito en que o fai Metal Sonic contra o ourizo azul: atacándoo coas mesmas técnicas de loita do seu "orixinal orgánico", mais co engadido do uso de armas incorporadas no seu corpo mecánico.
  • Rouge the Bat: Esta espía ninja apareceu por primeira vez no xogo Sonic Adventure 2, onde demostra ter un gran gosto polas xoias e un talento innato para as roubar. Cando esta rapariga morcego lle rouba a Master Emerald a Knuckles, el énchese de furia e empéñase en recuperar a poderosa xema, disposto a matar a Rouge se é necesario para a recuperar. Eles dous son esencialmente inimigos en tódolos aspectos: Knuckles é un sabio, unha alma ceibe discordante coa sociedade que domina o mundo, mentres que Rouge é unha burócrata, funcionaria do goberno que rexe nesa sociedade e encargada de que o status quo desta non se abata; el é un Guerreiro pacífico que só ataca para se defender e para facer xustiza, sempre conservando o seu honor, mentres que ela é unha Ninja a quen non lle interesa o honor, atacando a quen sexa se esas son as ordes dos seus superiores e co único interese de obter recompensas materiais; e principalmente, a súa rivalidade existe porque o equidna é o Gardián destinado a protexer a poderosa Esmeralda Principal, que non debe caer en mans equivocadas para non causar desastres, mentres que a morcega é unha ladra de xoias a quen non lle interesa os perigos que poida ocasionar esa Esmeralda ó estar fóra do seu sitio, ela quérea para si mesma a toda costa. A inimizade intensiva entre ambos os dous personaxes cesou un pouco logo de Sonic Adventure 2, pero de todos os xeitos as debouras entre ambos aínda persisten. O detalle que fai interesante esta rivalidade é o feito de que Rouge, no profundo do seu ser, está locamente namorada de Knuckles, e el tamén parece terlle o mesmo sentimento.
  • Dr. Ivo Robotnik: Após Knuckles fose traizoado polo Dr. Robotnik, este empezou a ser considerado polo equidna vermello coma un inimigo. Polo xeral, Knuckles non está tan obsesionado en se enfrontar ó Dr. Eggman como o está Sonic, pero hai ocasións en que esa forte rivalidade estoura. En tódolos videoxogos da saga, Robotnik é o inimigo principal de Knuckles, xa que cando non tenta roubarse a Master Emerald, si tenta roubarse as Chaos Emeralds, e sempre co propósito de dominar o mundo. Os Gardiáns existen para que a Master Emerald non caia en mans equívocas, xa que se iso acontecer o mundo estaría en perigo. Isto significa que os Gardiáns, en certa forma, existen para manter a harmonía do Universo, e é por iso que Knuckles adoita enfrontarse a Eggman incluso cando a Master Emerald non está en xogo.

Vida Amorosa[editar | editar a fonte]

As relacións amorosas de Knuckles varían segundo as distintas versións de cómics e mangas. A continuación, unha listaxe das principais raparigas que tiveron un papel destacado na vida sentimental do Gardián da Grande Esmeralda:

  • Julie-Su: Nos cómics de Archie, Julie-Su é unha moza guerreira do clan Equidna. Malia ser a curmá terceira de Knuckles, ela sente unha grande atracción por el, chegando até a ser quen de pelexar polo seu amor. Julie-Su ama a Knuckles tanto como Amy Rose ama a Sonic, e, do mesmo xeito, Knuckles non se sente atraído por súa curmá, mais ela cre que algún día se rendirá ante os seus pés. En toda a serie de Archie, Julie-Su séguelle fielmente, tentando axudalo en todo o que sexa posible, tanto nos combates (é moi hábil empregando armas de corte, especialmente espadas) como tamén na busca das Chaos Emeralds. El aprecia a axuda de súa curmá e tenlle afecto, pero só a considera coma a súa amiga, non coma súa moza.
  • Sally Acorn: Nos cómics de Archie, Sally é un novo esquío que lidera o equipo dos Freedom Fighters. Sonic está profundamente namorado desta rapaza, e ela parece terlle o mesmo sentimento. Porén, hai outro suxeito que tamén parece terlle agarimo ó esquiíño, Knuckles, que mediante leves insinuacións, demostrou o seu lado sentimental cara a Sally Acorn (principalmente, alporizándose cando ela e máis Sonic se demostran afago mutuamente).
  • Bunnie Rabbot: Nos cómics de Archie, Bunnie é unha coella guerreira que perdeu as súas pernas e mailo seu brazo esquerdo ó se enfrontar ó Dr. Robotnik. Os seus membros amputados foron substituídos por imitacións mecánicas, o que lle outorga unha fortaleza extra. Esta rapaza insinou certo cariño cara a Knuckles nalgunhas ocasións, a pesar de que na serie de cómics de Archie ambos os dous personaxes pertencen a bandos opostos (Bunnie é membro dos Freedom Fighters mentres que Knuckles é o líder dos Chaotix). Aparentemente, Bunnie Rabbot ve a Knuckles coma a súa "alma xemelga", xa que a ambos os dous lles apaixonan as artes marciais (Bunnie é experta en Kung Fu), e é por iso que ela o estima tanto, aínda que el só a olla coma unha hábil guerreira con quen pode librar varios combates "amistosos".
  • Sonia the Hedgehog: Na serie televisiva americana Sonic Underground, Knuckles parece sentir agarimo por Sonia, a irmá de Sonic. El non amosa estar namorado da ouriza, mais ela si expresa o seu amor por el. Nunha ocasión, Knuckles salvoulle a vida, e ela agradeceullo dándolle un bico. Non pareceu alporizarse por iso, senón que gozou da ocasión e se amosou agarimoso coa moza. Posteriormente ela volveu facer comentarios afagadores sobre Knuckles, pero el non presumía verbo diso, e moito menos resaltaba os seus sentimentos cara a Sonia.
  • Rouge the Bat: Dende a súa primeira aparición no xogo Sonic Adventure 2, Rouge, unha axente gobernamental e buscadora de tesouros, apareceu coma a "media laranxa" de Knuckles. Ela é especialista en roubar xoias (polas cal sente unha gran fascinación), por iso, ó roubar a Master Emerald, Knuckles comezouna a considerar coma unha ameaza, perseguíndoa durante todo o xogo para recuperar a Grande Esmeralda. A relación entre ambos os dous é de inimizade: O Gardián VS. A Ladra, A Alma Ceibe VS. A Burócrata, O Sabio Guerreiro VS. A Ninja Desapiadada; con todo, a pesar de que a morcega o nega e non o admite, está profundamente namorada do equidna. A dedicación de Knuckles por protexer a Esmeralda Principal a custo da súa vida é algo que Rouge admira, provocándolle certa excitación, sendo esta a principal causa do seu desexo amoroso cara ó Gardián.
  • Keiun The Echidna: Entre os mangas de RP, unha das edicións especiais máis famosas no Xapón é a que narra a historia de Knuckles cando xa é adulto. Nesta serie o Gardián recorre o planeta Mobius acompañado de súa moza, Keiun, unha fermosa equidna guerreira de cabelo branco. Aquí, Knuckles amósase máis aberto cos seus sentimentos, polo que expresa o amor que lle sente a súa amada. Ela é nativa dunha cativa aldea, que é un dos últimos lugares onde aínda moran Echidnas. Knuckles coñécea aló, xa que intenta reunir as 7 Chaos Emeralds e nese poboado encontrábase unha delas. Keiun é experta nas artes marciais e no uso das armas (recurso que utiliza en todo momento para axudar a seu amado nas loitas), mais non pode voar como o fai o seu mozo. Segundo a profecía dos Gardiáns, Keiun é a muller que lle dará un fillo a Knuckles, e ese neno será quen xere o Gardián da seguinte xeración.

Familia[editar | editar a fonte]

Nos videoxogos, non adoita mencionarse nada verbo da familia de Knuckles (aínda que si adoita mostrarse información verbo da súa ancestral vila), pero nos cómics e mangas si se dan datos sobre a súa xenealoxía, e tamén adoitan aparecer algúns dos membros do seu clan, aínda que existen moitas diferenzas entre as distintas versións (principalmente entre Archie' e RP):

  • Master Shisai: Nos mangas de 'RP' ' e nalgúns cómics de Fleetway, é o mestre supremo de todos os monxes guerreiros de Sky Sanctuary' (estes monxes filósofos son chamados Shisai). Este ancián mestre é o avó de Knuckles, e foi o Gardián da Máster Emeraldantes de que el nacese. A tarefa de protexer a Esmeralda Principal pasou de avós a netos na familia de Knuckles durante xeracións; é por iso que o avó de Knuckles foi o anterior Gardián antes de que el nacese, e Knuckles deixará de ser o Gardián cando sexa un ancián e teña un neto, quen o substituirá na tarefa de protexer a Grande Esmeralda. Cada Gardián o é dende que nace, e pode identificarse coa estraña marca de nacemento que leva no seu peito (como a que ten Knuckles). Esta marca, desaparece ó nacer o Gardián da seguinte xeración, que nace con esa marca, e así o ciclo repítese. Cando un Gardián ancián é substituído polo seu neto, abandona o traballo de coidar a Máster Emerald pero adopta a función de Máster Shisai.

Cómpre destacar que "Máster Shisai" (Mestre Shisai) é o grao supremo de mestría destes monxes, non un nome propio. Descoñécese cal é o nome de pila do avó de Knuckles, xa que nos cómics ('F.leetway') e mangas ('RP') todos o chaman "Máster Shisai", agás o propio Knuckles, quen o chama simplemente "avó"

  • Tikal The Echidna: Moi posiblemente Tikal sexa unha devanceira de Knuckles quen aparece en Sonic Adventure guiando os personaxes.
  • Atlahua The Echidna: Nos cómics de Fleetway e nos mangas de RP, cóntase que Knuckles é fillo dunha moza equidna branca chamada Atlahua, que, á súa vez, é a filla de quen foi o anterior Gardián da Máster Emerald, o ancián Mestre Shisai. Descoñécese por que Knuckles e súa nai só estiveron xuntos cando el era pequeno (el non a recorda). Suponse que Atlahua foi asasinada por alguén que quería roubar a Máster Emerald (quizais o Dr. Robotnik). Atlahua, ó igual que os demais membros da ancestral civilización Echidna, vestía atavíos similares ós dos antigos Mayas, e pénsase que ela era unha sacerdotisa xa que era filla do Gran Shisai.
  • Irmandade dos Gardiáns: Nos cómics de Archie menciónase á "Irmandade dos Gardiáns" ("Brotherhood of Guardians") como os antecesores directos de Knuckles (entre as versións americanas e xaponesas difiren moitos dos antecesores do equidna, mesmo súa nai, seu pai e máis seu avó). A diferenza dos mangas publicados por RP, nos cómics de Archie' os Gardiáns non se suceden cada dúas xeracións (de avó a neto), senón que o fan ó leilan segundo as circunstancias; ás veces de pai a fillo, dun irmán a outro, ou mesmo entre curmáns. Outra diferenza clara é o feito de que nas versións xaponesas, cada Gardián ten polo menos un neto home, que é o que o sucederá na tarefa de protexer a Máster Emerald; en cambio, isto non é sempre así nas publicacións americanas, onde polo menos unha vez, houbo unha Gardiá muller.
Irmandade dos Gardiáns:
  • Edmund.
  • Steppenwolf.
  • Moonwatcher.
  • Harlan.
  • Remembrandt (quen lle deu o nome de Brotherhood of Guardians ó grupo).
  • Aaron (morreu ó deter un mísil, levándose a Menniker con el).
  • Jordan (irrmán de Aaron).
  • Mathias (un dos Gardiáns máis fortes que utilizaba a súa Enerxía Ki para pelexar).
  • Hawking.
  • Tobor.
  • Spectre.
  • Thunderhawk.
  • Sojourner.
  • Janelle-Li (primeira e única muller en ocupar o posto de Gardián, debido a unha ocasión imprevista).
  • Athair.
  • Sabre.
  • Locke.
  • Knuckles.
  • Knuckles Warriors: Nos cómics americanos de Archie, é o nome do clan ó que pertence Knuckles; de feito, nesas publicacións, dise que Knuckles se chama así en honor ó nome da súa familia. Os seus principais membros son:
  • Brotherhood of Guardians - Devanceiros.
  • Dimitri/Enerjak - Tío Avó (iniciador da Dark Legion ("Lexión Escura"), némesis da Irmandade).
  • Athair - Bisavó (na serie animada Sonic Underground, Sean Connery é quen lle dá a voz a este personaxe).
  • Lara-Le - Nai.
  • Locke - Pai.
  • Wynmacher - Padrastro.
  • Kneecapeon "Kneecaps" Mace - Medio Irmán.
  • Julie-Su- Curmá Terceira, (esposa nun futuro posible).
  • Kragok - Curmá Terceira.
  • Lien-Da/Kommisar - Curmá Terceira.
  • Lara-Su - Filla (nun futuro posible).
  • Rutan - Sobriño (nun futuro posible).

Aparicións máis destacadas[editar | editar a fonte]

En videoxogos[editar | editar a fonte]

En consolas de 8 bits[editar | editar a fonte]

En Game Gear atopamos:

Sonic Triple Trouble, onde é rival de Sonic e Tails. Actúa coma personaxe non apto para o xogo.

En Sonic Drift e Sonic Drift 2, Knuckles é un dos pilotos que se poden elixir.

Sonic Blast é o primeiro, e único, videoxogo de plataformas de 8 bits onde Knuckles actúa coma personaxe apto para o xogo, sendo compañeiro de Sonic. As contornas son en 2D, aínda que, no entanto, Sonic e Knuckles aparecen en 3D.

En consolas de 16 bits[editar | editar a fonte]

En Sonic 3, Sonic e Tails volven combater, unidos contra Eggman, cun novo rival (hoxe en día compañeiro). Knuckles the Echidna, confundido polo Doctor Eggman, facéndolle crer que Sonic e os seus amigos viñan a roubarlle a Master Emerald.

En Sonic & Knuckles, a Master Emerald foi roubada por Mecha Sonic, Knuckles decide ir recuperala mais un Eggrobo tenta empecer a súa busca seguíndoo por todo Angel Island. Foi o único xogo con tecnoloxía "Lock On".

Sonic 3D Blast, con gráficos 3D nunha vista cenital e prerrenderizados. Knuckles aparece aquí coma personaxe non apto para o xogo. Se Sonic se achega a el, e ten 50 aneis, permitíralle acceder a unha Special Stage.

En consolas de 32 bits[editar | editar a fonte]

Knuckles Chaotix é un videoxogo protagonizado por Knuckles, no cal non está o ourizo azul. Aquí, o Gardián forma equipo xunto a Espio, Charmy, Vector e Mighty, loitando contra os malvados plans do Dr. Robotnik, tratando unha vez máis de deter o seu robot máis poderoso: Metal Sonic.

Sonic R para Sega Saturn e PC. Knuckles e os seus amigos competían a pé por unhas cantas carreiras con gráficos en 3D.

En consolas de 128 bits[editar | editar a fonte]

En Sonic Adventure, o Dr. Robotnik destrúe a Master Emerald para liberar a un Deus Destrutor que se atopaba encerrado no interior da xema. Este deus, chamado Chaos, espalla as pezas da Esmeralda Principal por todo o planeta Mobius, polo que Knuckles debe abandonar Angel Island e percorrer o planeta para encontrar todos e cada un dos fragmentos da poderosa xoia, e así poder annovala.

En Sonic Adventure 2, unha rapariga morcego chamada Rouge rouba a Master Emerald. Knuckles perséguea, pero cando ambos os dous chegan a Egypt Mobius, aparece o Dr. Robotnik quen de súpeto toma posesión da Grande Esmeralda. Para evitar que o malvado Eggman se quede coa xema, Knuckles divídea en varios fragmentos e esparéxeos por todo o planeta. Agora el debe percorrer Mobius unha vez máis para recoller todas as pezas da poderosa Esmeralda.

En Sonic Heroes, a Master Emerald permanece sa e salva no Altar de Angel Island, mais porén, Knuckles decide axudar os seus amigos (Sonic e Tails) a derrotaren o malvado Dr. Eggman, aínda que a enorme xema non corre perigo ningún.

Sonic Riders é a derradeira incursión de Sonic na velocidade, usando unhas táboas voadoras (Extreme Gear). Knuckles, neste videoxogo, actúa coma un dos personaxes tipo "Poder".

En portátiles (agás Sega Game Gear)[editar | editar a fonte]

Sonic Advance foi o primeiro xogo típico de Sonic para a Game Boy Advance. Nel Knuckles volve aos contornos 2D. O seu estilo gráfico era distinto, xa que Knuckles e mais os seus compañeiros aparecen de maneira similar ao anime.

Sonic Advance 2 ten poucas variacións con respecto á primeira entrega.

En Sonic Advance 3, Knuckles actúa coma personaxe non apta para o xogo, podendo formar equipo con Sonic, Tails, Amy ou Cream.

Sonic N é a conversión de Sonic Advance para a N-Gage. O xogo non se alterou en absoluto, mais adaptouse á pantalla da consola.

En debuxos animados[editar | editar a fonte]

  • Sonic Underground é a primeira serie de televisión onde aparece Knuckles. Trátase dunha serie americana onde Sonic e mais os seus irmáns tocan nunha banda de rock, mentres que Knuckles segue no seu labor de coidar a Master Emerald pero tamén semella ser un dos que colaboran coa nai dos 3 ourizos, Aleena. Aparece en 4 episodios.
  • Sonic X é a última serie anime na que Knuckles está. Nela é transportado ao mundo dos humanos canda Sonic, Tails, Amy, Eggman, e os demais. Actualmente pode verse na España e algúns países latinoamericanos a través de Jetix. Na terceira tempada ten un papel máis importante xa que é o único que pode liberar o poder da Master Emerald para lle dar enerxía ao Blue Typhoon, a nave espacial creada por Tails.
  • Sonic The Movie é o primeiro filme de anime na que aparece Knuckles, e é anterior ás series de televisión. Nesta película, Knuckles pospón o seu deber de coidar a Master Emerald xa que se torna un "Buscador de Tesouros" (suponse que porque non hai Chaos Emeralds no filme). Este é o único filme onde Knuckles viste un sombreiro ao estilo de "Indiana Jones".