Klim Clijsters
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kim Clijsters, nada o 8 de xuño de 1983 en Bilzené, é unha xogadora belga de tenis profesional.
Traxectoria [editar]
Gañou 33 títulos en individuais durante a súa carreira. Dous deses obtívoos no "WTA Tour Championships" de Los Angeles, California en 2002 e 2003, cando venceu á francesa Amélie Mauresmo. Entre os seus maiores logros está obter o trofeo do US Open nos anos 2005 e 2009.
O 10 de agosto de 2003 alcanzou o posto número 1 da clasificación mundial da WTA.