Klaus Nomi
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Klaus Nomi | |
|---|---|
| Nome completo | Klaus Sperber |
| Alias | Klaus Nomi |
| Naceu | 1944 |
| Orixe | Immenstadt |
| Morreu | 1983 Nova York |
| Ocupación (s) | |
| Xénero | Ópera, New Wave |
| Instrumento(s) | |
| Tipo de voz | Solista |
| Selo(s) discográfico (s) | RCA Records |
| Relacionado con | David Bowie |
| Tempo en activo | |
| Web | |
Klaus Sperber, coñecido como Klaus Nomi, nado en Immenstadt, Alemaña, en 1944, foi un cantante alemán de ópera e música pop.
Traxectoria [editar]
A principio da década de 1970 trasladouse a Nova York, onde comezou a relacionarse con artistas do East Village neoiorquino. David Bowie descubriuno en 1978 e axudouno a asinar un contrato ca RCA Records en 1980.
Morreu á idade de 39 anos, víctima do sida.
Nomi combinaba ópera e música new wave. As súas montaxes escénicas eran moi elaboradas e nelas prestábase especial atención ó vestiario, ó penteado e á maquillaxe, que remitían á estética das primeira películas de ciencia ficción.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Klaus Nomi: The Brilliant Performance of a Dying Man, en www.openculture.com
- Entrevista a Klaus Nomi en NYC 10 O'Clock News, contra 1981 (en inglés)
- Entrevista a Klaus Nomina televisión francesa, contra 1982 (en francés)