Kiss FM

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kiss FM é unha cadea radiofónica española pertencente a Kiss Media que tamén posúe Hit FM e Kiss TV. Emite unha programación de radiofórmula musical de tipo adulto contemporáneo cun pouco de contemporary hit radio.

Empezou as súas emisións o 13 de abril de 2002. Desde ese momento, o seu éxito foi espectacular e marcou un fito na historia da radio musical en España, sendo a de maior crecemento de audiencia na historia da radio musical española (no seu segundo ano nas ondas, logrou alcanzar 1.474.000 oíntes). Segundo a última onda do Estudo Xeral de Medios, publicada en decembro de 2010, Kiss FM ten 1.088.000 oíntes habituais diarios.

A programación creouse a partir dunha rigorosa selección de oldies da música pop das últimas tres décadas, con especial atención ás baladas e as cancións de corte melódico. Melodías emblemáticas dos Beatles, Elton John, Bryan Adams ou Céline Dion conviven a diario con interpretacións inesquecibles de Ana Belén, Mecano, Alejandro Sanz...

Tras a demanda existente, Kiss FM virou o seu rumbo e na actualidade mestura baladas dos últimos trinta anos coa música española máis variada da actualidade, presentadas por locutores que intentan só ser meros acompañantes do oínte. Esta emisora é da que menos publicidade emite en España. É líder no seu formato de Adulto Contemporáneo. Desde o pasado 7 de xaneiro, Kiss FM inclúe no seu repertorio os éxitos máis HOT do momento, entre os que se atopan artistas como Rihanna, Lady Gaga, Katy Perry ou Kesha.

A oferta musical de Kiss FM compleméntase coa actualidade informativa que, en forma de titulares, sucédese ao longo de toda a programación.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]