Kirikou et la sorcière

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kirikou et la sorcière (Kirikou e a bruxa) é unha longametraxe de animación de 74 minutos dirixida por Michel Ocelot en 1998. É unha coproducción entre Francia, Bélxica e Luxemburgo.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Karabá é unha malvada bruxa que domina un poboado do corazón de África. Kirikou, un neno pequeno, é o único que ten valor e coraxe para enfrentarse a ela e, coa axuda dos animais, converterse así no príncipe da selva.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]