Kings of Leon
| Kings of Leon | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Mt. Juliet, Tennessee, |
| Período | 1999 - actualidade |
| Xénero(s) | rock alternativo, garage rock revival, southern rock |
| Selo(s) discográfico(s) | Sony BMG/RCA |
| Membros | Nathan Followill Caleb Followill Jared Followill Matthew Followill |
| Antigos membros | |
| Web oficial | http://www.kingsofleon.com/ |
Kings of Leon é unha banda estadounidense procedente de Mt. Juliet, Tennessee formada por tres irmáns, Caleb Followill (voz e guitarra), Nathan Followill (batería, percusión e coros) e Jared" Followill (baixo, coros e teclados), e un curmán, Matthew Followill (guitarra, coros e piano). Formouse no ano 1999 e as súas influencias van do rock sureño e o indie rock ata o blues.
Kings of Leon conseguiron éxito inicialmente no Reino Unido con nove sinxelos que entraron no top 40 dese país, gañando dous premios BRIT en 2008, e conseguindo que os tres dos seus álbums estivesen no top 5 da lista británica de álbums. O seu terceiro disco, Because of the Times, tamén conseguiría acadar o número 1. Despois de editar Only by the Night en setembro do 2008 conseguiría o éxito no seu país natal, os Estados Unidos. Os sinxelos "Sex on Fire", "Use Somebody" e "Notion" chegaron ao primeiro posto da lista Hot Modern Rock Tracks. O seu quinto álbum, Come Around Sundown, foi lanzado o 18 de outubro do 2010.
Índice |
Discografía [editar]
Álbums [editar]
- Youth and Young Manhood - 2003 (RCA, HandMeDown Records)
- Aha Shake Heartbreak - 2004 (RCA, HandMeDown Records)
- Because of the Times - 2007 (RCA, HandMeDown Records)
- Only by the Night - 2008 (RCA)
- Come Around Sundown - 2010 (RCA)
EPs [editar]
- Holy Roller Novocaine - 2003 (RCA)
- What I Saw - 2003 (BMG)
- Day Old Belgian Blues - 2006 (RCA)