King Kong (debuxos animados)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The King Kong Show
Formato Aventuras
Intérpretes Animación
Tema de apertura Maury Laws
País de orixe Estados Unidos de América Estados Unidos
Flag of Japan.svg Xapón
Episodios 26
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Arthur Rankin
Jules Bass
Duración 30 minutos por episodio (dividido en tres historias e incluíndo anuncios)
Emisión orixinal
Canle de orixe ABC
Formato de imaxe 4:3
Emisión 10 de setembro de 1966 – 4 de marzo de 1967

King Kong é unha serie de animación xaponesa-norteamericana producida en 1966 por Videocraft nos Estados Unidos e Toei Animation no Xapón, constitúe a primeira serie anime producida no Xapón por unha compañía norteamericana para ser emitido nos Estados Unidos. A serie emitiuna orixinalmente a ABC entre o 10 de setembro de 1966 e o 4 de marzo de 1967[1], no Xapón emitiuna a canle NET. En Galicia programouna a TVG en 1986 en episodios de sete minutos.

Características[editar | editar a fonte]

En 1966 Videocraft obtivo permiso da RKO para adaptar King Kong a serie de animación, os caracteres deseñáronos Jack Davis e Rod Willis. Na serie, o gorila é amigo da familia Bond, cos que vai en varias aventuras, salvado o mundo de monstros, robots, alieníxenas, científicos tolos e outros males.

Fíxose un episodio piloto de unha hora de duración, chamado King Kong que posteriormente se dividiu en dous que se emitiron como os capítulos 25 e 26 (A Friend in Need e The Key to the City), o resto dos capítulos contiñan unha primeira historia de 7 minutos de King Kong, outra historia da mesma duración en clave cómica dun axente secreto de pequena talla chamado Tom of T.H.U.M.B. (Tiny Human Underground Military Bureau) que con Swinging Jack, o seu compañeiro asiático, tiñan que facer fronte aos malevos do M.A.D. ( "militant, antisocial and darn mean") que queren destruír o mundo e de novo a terceira historia, tamén de 7 minutos, era de King Kong.

O 15 de novembro de 2005 Sony Wonder tirou un DVD en dous volumes titulado King Kong:The Animated Series cos primeiros 8 episodios e o episodio piloto en dúas partes.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]