Kindness

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kindness
Kindness en 2012.
OrixePeterborough,
Período2009 - presente
Xénero(s)pop, electrónica, indietrónica
Selo(s) discográfico(s)Female Energy, Terrible Records, Casablanca Records
MembrosAdam Bainbridge
Na rede
http://www.kindness.es/
Facebook: Kindness Twitter: Kindness Instagram: kindnessmusic Youtube: UCpZNhZKdyTMab0IidYCAPYw Souncloud: kindness Spotify: 6SYIsHAQ1sPokVxmzpaDBU iTunes: 491456811 Last fm: Kindness Musicbrainz: 71828a18-b630-4f50-8f75-51e71d31b807 Songkick: 840994 Discogs: 1202105 Allmusic: mn0002538803 Deezer: 369512 Genius: Kindness Editar o valor em Wikidata

Kindness é o proxecto musical do artista, produtor e dj inglés Adam Bainbridge, neto de Amina Desai. Comeza a súa formación en Berlín no 2003 de xeito autodidacta usando como ferramenta o software musical Ableton.[1] Após o seu paso polo Instituto de estudos avanzados de Filadelfia como artista residente foi aclamado como "un honesto investigador dedicado ao campo musical".[2]

O seu sinxelo That's Alright ergueuse sobre a base e investigación dun sample da banda Trouble Funk's Still Smokin' (de 1985) referente do pouco documentado movemento da escena local de Washington, D.C., eminentemente de directo, o go-go.[3]

Directos e colaboracións[editar | editar a fonte]

Kindness participou nos carteis dos festivais South by Southwest [4], Latitude Festival[5], Printemps De Bourges[6] ou no Primavera Sound do Porto 2012 no Hard Club [7], antigo Mercado Ferreira Borges, entre outros.[8]

Coa súa banda foi invitado ao directo de KEXP en Seattle, Washington,[9] no seu labor de investigación musical contemporánea dirixe un programa homónimo dentro da radio da multinacional Red Bull [10] e como dj colabora no programa de radio neoiorquino de Tim Sweeney.[11]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

  • World, You Need a Change of Mind (16 de marzo de 2012)
  • Otherness (13 de outubro de 2014)

Singles[editar | editar a fonte]

  • "Swingin Party" (28 de setembro de 2009)
  • "Cyan" (26 de outubro de 2011)
  • "SEOD" (8 de febreiro de 2012)
  • "Gee Up" (16 de marzo de 2012)
  • "House" (15 de xuño de 2012)
  • "That's Alright" (21 de setembro de 2012)
  • "World Restart" (12 de agosto de 2014)
  • "This Is Not About Us" (4 de setembro de 2014)
  • "Who Do You Love?" (2 de xaneiro de 2015)

Remixes[editar | editar a fonte]

  • "Blood Orange – Uncle Ace" (Kindness remix feat. Robert Owens) (10 de abril de 2014)
  • "Röyksopp & Robyn – Monument" (Kindness remix feat. Busiswa) (15 de agosto de 2014)

Versións[editar | editar a fonte]

  • Solange "Some Things Never Seem to Fucking Work" (febreiro de 2015)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Kindness – RBMA Paris Lecture". Genius (en inglés). Consultado o 2019-02-03. 
  2. Saxelby, Ruth (2012-09-21). "Kindness: this man should have a Phd in pop". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2019-02-03. 
  3. Hann, Michael (2012-05-14). "Old music: Trouble Funk – Still Smokin'/Drop the Bomb (live)". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2019-02-03. 
  4. Kindness[Ligazón morta](en inglés)
  5. Kindness Arquivado 11 de agosto de 2017 en Wayback Machine.(en inglés)
  6. Colling, Daniel. "Kindness / Le Printemps de Bourges 2012". edition2012.printemps-bourges.com (en francés). Consultado o 2019-02-03. 
  7. Kindness Arquivado 11 de agosto de 2017 en Wayback Machine.(en inglés)
  8. "Soulwaxmas". Resident Advisor. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2018. Consultado o 2019-02-03. 
  9. "Tag Archives: The Kindness Kind". web.archive.org. 2017-08-11. Archived from the original on 11 de agosto de 2017. Consultado o 2019-02-03. 
  10. "Kindness. Red Bull Radio". web.archive.org. 2017-08-11. Archived from the original on 11 de agosto de 2017. Consultado o 2019-02-03. 
  11. "BIS Radio Show #774. Beats in Space". web.archive.org. 2017-08-11. Archived from the original on 11 de agosto de 2017. Consultado o 2019-02-03. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]