Kiev - Київ

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kiev
Kyiv flag.png Kiew-city-COA.PNG
Bandeira Escudo
Mapa
Map of Ukraine political simple city Kiew.png
Información
País Flag of Ukraine.svg Ucraína
Óblast Kiev
Raion Cidade federal
Superficie 839 km2
Poboación 2.660.401 (2005)
Densidade 3.299 h/km²
Alcalde Leonid Chernovetskyi
Kiev dnipro.jpg
www.kmr.gov.ua

Kiev (en ucraíno Київ, en ruso Киев), é a capital e maior cidade da Ucraína, cunha poboación de máis de 2.6 millóns de habitantes. Segundo o censo de 2001 a maioría da poboación é de nacionalidade ucraína, concretamente o 82.2%, a principal minoría é a rusa co 13.1% seguido da xudía (0.7%), bielorrusa (0.6%), polaca (0.3%) e armenia (0.2%). A maioría da poboación, un 75%, declara no censo que o ucraíno é a súa lingua materna pero segundo unha enquisa sociolingüísta realizada en 2003 o ruso é a lingua que fala a maioría da poboación, un 52% fala habitualmente principalmente ruso, 32% ruso e ucraíno, 14% principalmente ucraíno e só o 4.3% só ucraíno.

Administrativamente, Kiev é unha cidade cun status especial, independente do oblast (rexión) de Kiev que a arrodea. Kiev constitúe un centro industrial, científico, educacional e cultural importante no leste de Europa.

Véxase tamén [editar]


Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: