Khaled Hosseini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Khaled Hosseini
George and Laura Bush with Khaled Hosseini in 2007 detail2.JPG
Hosseini na Casa Branca, 2007.
Datos persoais
Nacemento 4 de marzo de 1965 (49 anos)
Lugar Cabul, Flag of Afghanistan.svg Afganistán
Falecemento
Lugar
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe Roya Hosseini
Fillos
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Inglés
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros Novela
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]
{{{web}}}

{{{notas}}}

Khaled Hosseini (en persa: خالد حسینی, pronunciado: Jáled Hosseini), nado en Cabul, Afganistán, o 4 de marzo de 1965, é un médico e escritor afgán en lingua inglesa.

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu en Cabul no seo dunha familia de clase alta, seu pai era diplomático e súa nai era mestra. Ós cinco anos vai vivir cos seus pais a Irán por mor do traballo de seu pai, volvendo en 1973 a Cabul. O mesmo día que nace seu irmán pequeno Mohammed Daud Khan, o seu curmán o rei de Afganistán é derrocado e proclámase a república. Tres anos máis tarde, o seu pai é enviado á embaixada de París e leva á súa familia, desde onde vivirá o comezo da guerra civil afgá en 1978, polo que o seu pai pediu asilo político ós Estados Unidos, razón pola que se mudan a California en 1980.

Alí ingresou na Universidade de Santa Clara, graduándose en bioloxía e logo de medicina na Universidade de San Diego, mentres facía súas prácticas de interno entre os anos 1996-2004 escribiu súa primeira novela, The Kite Runner (2003), que conseguiría publicar no 2003 converténdose nun best seller. Un ano e medio despois Khaled abandonou a menciña pra concentrarse na literatura conseguindo repetir o seu primeiro éxito coa novela A Thousand Splendid Suns (2007) e logo coa terceira, And the Mountains Echoed (2013).

Malia vivir desde os quince anos en Occidente, nunca esqueceu a seu país co que está moi comprometido, así en 2006 foi nomeado embaixador de boa vontade do Alto Comisionado da ONU para refuxiados (ACNUR) e ó ver a realidade postbélica decide fundar unha ONG co seu nome. Está casado con Roya Hosseini e teñen dous fillos.

Obras[editar | editar a fonte]

  • The Kite Runner (2003): novela con tinguiduras autobiográficas sobre un mozo afgán que se atopa traumatizado desde a infancia por algo que viu cando era neno. A novela ten como escenarios tanto lugares de USA como de Afganistán, e aborda temas como a emigración, as tensións entre as etnias Pastún e Hazara etc
  • A Thousand Splendid Suns (2007): é o encontro de dúas formas de vida, por un lado a tradicional afgá de Mariam (casada por seu pai cun home mais vello) e occidentalizada afgá de Laila (unha adolescente á que seu pai lle di que pode ser todo o que ela queira); ambas personaxes coñécense e mudan seus destinos.
  • And the Mountains Echoed (2013): novela coral de relatos de varias xeracións dunha mesma familia, que vai desde 1952 até a actualidade e amosa diferentes actitudes e escenarios, dende Afganistán ata París, Grecia, USA...

Influencias[editar | editar a fonte]

Dende pequeno Khaled leu ós clásicos da literatura oriental sendo seu libro preferido daquel entón o "Shanameh" (libro dos Reis, unha epopea persa medieval), quedando marcado pola súa experiencia vital e seu país (envolto nunha guerra civil ata hoxe desde 1978), entre os seus temas abordou as relacións humanas, facendo fincapé na familia, a pertenza a unha xenealoxía, as raíces. O que fai que o autor amose grandes doses de empatía e mesmo tenrura nos textos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]