Kevin Ollie
| Kevin Ollie | |
|---|---|
| Posición | Base |
| Dorsal | 2, 3, 5, 7, 8, 12, 15 |
| Altura | 1,88 m (6 ft 2 in) |
| Peso | 88 kg (195 lb) |
| Nacemento | 27 de decembro de 1972 (40 anos) |
| Carreira | |
| Tempadas | 1995–2010 |
| Universidade | Connecticut |
| Equipo(s) | |
|
|
| Estatísticas (NBA) | |
| Puntos | 2 496 (3,8 pp) |
| Asistencias | 1 501 (10,9 pp) |
| Rebotes | 1 018 (2,3 pp) |
| Stats @ Basketball-Reference.com | |
| Premios | |
Kevin Jermaine Ollie, nado o 27 de decembro de 1972 en Dallas, Texas é un ex-xogador americano de baloncesto profesional. Xogou en once franquías da NBA en trece tempadas. Actualmente é adestrador asistente do equipo de baloncesto masculino dos UConn Huskies da Universidade de Connecticut.
Índice |
Traxectoria profesional [editar]
Ollie foi ao Crenshaw High School en Los Angeles, California.[1] Despois estivo catro tempadas (1991-95) xogando para a Universidade de Connecticut. Tras rematar o seu período universitario, uniuse aos Connecticut Pride da Continental Basketball Association, onde xogou 2 dúas tempadas (1995-97). Despois diso, dende a tempada 1997-98, pasou 13 tempadas na NBA con 11 equipos diferentes (nalgún deles en varias ocasións).
Na tempada 2005-06, Ollie tivo o rol de titular nos Sixers co adestrador Maurice Cheeks. Os Minnesota Timberwolves fixeron capitán do equipo a Ollie durante a tempada 2008-09. Foi despois fichado polos Oklahoma City Thunder o 1 de agosto de 2009. Tras esa tempada, Ollie retirouse e uniuse aos UConn Huskies coma adestrador asistente.[2]
Notas [editar]
- ↑ "Kevin Ollie #12 Guard." National Basketball Association. Consultado o 11 de outubro de 2008.
- ↑ http://sports.espn.go.com/ncb/news/story?id=5348090
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Bases de baloncesto
- Xogadores Dallas Mavericks
- Xogadores Orlando Magic
- Xogadores Sacramento Kings
- Xogadores Philadelphia 76ers
- Xogadores New Jersey Nets
- Xogadores Chicago Bulls
- Xogadores Indiana Pacers
- Xogadores Milwaukee Bucks
- Xogadores Seattle SuperSonics
- Xogadores Oklahoma City Thunder
- Xogadores Cleveland Cavaliers
- Xogadores Minnesota Timberwolves